Decía da Camelia o seguinte: Viñeron a Galicia de terras foráneas plantas de diverso feitío. Pero houbo unha que se afixo ó país de xeito especial vivindo nel vizosamente. Referímonos á camelia, que chegou de horizontes afastados para lucir as súas cores na paixase galega. Tan galega se fixo que é flor das Rías Baixas e de Galicia toda, En pazos, hortos, nas beiras litorais, en lugares de interior, a camelia amosa a variedade da súa luz e cor en xardíns dos nosos invernos grises. Como alguén dixo, nos días da gran morte da flora inverniza aparece a camelia vestida de luz. Trátase dunha fermosa visitante do arredado Oriente no noso país que aquí arraizou para se converter en florida cromática do mundo vexetal autóctono.
Francisco Fernández del Riego- lntroducción de la exposición de Alex Vázquez "A camelia nos xardíns das Rías Baixas" Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León", febreiro 2007. Ver paneis enviados aos centros educativos.