Carnés Galefas

GOLFIÑO (NIVEL 1). Esfórzase . “Falo galego de cando en vez cos meus compañeiros/as” .

             Con este carné poderás :

- Participar nun sorteo con 2 números nos  agasallos ó final de curso.

- Como vas a mellorar a oralidade en galego subirás a nota nas materias que se dan en galego.

- Terás preferencia despois dos “Esquíos” e dos “Vagalumes” na selección de actividades organizadas polo EDNL

- Obrigas: Esforzarse en falar en galego, tanto cos mestres/as  que cos  compañeiros/as, nas materias programadas nesta lingua (Galego, Música, Educación Física, Sociais e Naturais ... ).

ESQUÍO (NIVEL 2). Adáptase .  “Falo galego cando outros/as o falan” .

             Con este carné poderás :

- Participar nun sorteo con 5 números nos  agasallos ó final de curso.

- Como vas a mellorar a oralidade en galego subirás a nota nas materias que se dan en galego.

- Terás preferencia despois dos  “Vagalumes” na selección de actividades organizadas polo EDNL

- Obrigas: Falar galego nas materias programadas en galego con todos/as e falar galego noutros espazos (patios do recreo, biblioteca, etc.) cando outros me falen en galego.

 

VAGALUME (NIVEL  3). Axuda.   “Falo galego  case sempre nas actividades escolares” .

              Con este carné :

             Terás premio seguro no sorteo de agasallos ó final de curso

              Como vas a mellorar a oralidade en galego  subirás a nota nas materias que se dan en galego.

             Terás preferencia  na selección de actividades organizadas polo EDNL

Obrigas: Falar sempre en galego durante todas as actividades programadas nesta lingua, para axudar ós que aínda lles custa facelo,

NOTAS:

- A actividade é voluntaria .  Comeza xa no inicio deste segundo trimestre (8/01/2019)

- Cada carné será validado despois de 30 días de compromiso   e entregaranse ó final de cada mes . Se algúen aínda non se esforzou o suficiente para a cadar o nivel esixido prorrogarase a entrega unha ou varias semanas segundo o caso.

- Serán correlativos : para  ter o de “Vagalume”  primeiro hai que acadar os dous anteriores.

- A entrega do carné farase  despois de falar cos mestres colaboradores da actividade e sempre de forma consensuada: música, educación física, titores.

- Os carnés están numerados para levar un control dos mesmos por parte do Coordinador do EDNL

Ver máis na Etiqueta GALEFAS (mascotas, entrega de premios ...)

Powered by Drupal - Design by artinet