Refraneiro de novembro, tamén chamado mes de Santos

San Martiño (11 de novembro) - San Andrés (30 de novembro)

-A horta de san Martiño, mantén o dono e máis o veciño.
- Andar barquiñas, andar axiña, non vos colla o cordonazo de santa Catarina.
- Antes de san Martiño, pan e viño; despois de San Martiño, fame e frío.
- Auga de san Martiño, come pan e bebe viño.
- As castañas que despois de san Martiño quedan no souto, son do moucho.
- Alegría, alegrote que anda o rabo da porco no pote.
- A todo porco lle chega o seu san Martiño.
- Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello. -
- Bendito o mes que comeza con santos, media con san Uxío e remata con San Andrés.
- Cando santos remata, o inverno empeza.
- Castañas noces e viño fan as delicias de san Martiño.
- Chegan os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.
- De santos á Navidá, é inverno de verdá.
- Dende santos ó Nadal é inverno natural.
- De santos a nadal, inverno carnal.
- De santos á Ascensión non quites o mantón.
- Despois de san Martiño vén o inverno de camiño.
.- Ditoso mes que empeza en Santos e remata en San Andrés.
- Entre santos e Natal, arrieriño non vaias ao sal que perderás o caudal.
- Horta de san Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.
- No día de san Martiño, abilla o teu viño.
- No mes de santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bon caldo cos untos.
- No mes de mortos, non saches a horta nin capes os porcos.
- No mes dos mortos, mata os teus porcos.
- Novembro a porta, xeada na horta.
- Novembro, ditoso mes, empeza con Santos, acaba con San Andrés.
- O que cava en novembro, o tempo perde.
- O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño.
- O verán de san Martiño son tres días e máis un pouquiño.
- O verán de san Martiño, pode ser grande ou pequeniño.
- O veranciño de san Martiño, ou grande ou pequeniño.
- Polo novembro as noites van crecendo.
- Polo san Andrés colle o porco polo pé (30 de novembro)
- Polo san Martiño, trompos ao camiño (11 de novembro)
- Polo san Martiño, peóns ao camiño; polo San Amaro, peóns ao faiado.
- Polo san Martiño, mata o porco e proba o viño.
- Polo san Martiño, mata o teu porquiño.
- Polo san Martiño, nen fabas nin liño.
- Polo san Martiño, buxainas ó camiño.
- Polo san Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!
- Polo san Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño.
- Polo san Martiño, andan as noces a roliño.
- Polo san Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
- Por santa Catalina  neve na cociña. (25 de novembro)
- Por santos, ainda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
- Por santos, neve nos altos e frió nos campos.
- Por tódolos Santos, neve nos altos, polo san Andrés, neve nos pés.
- Por todos os santos, neve nos campos.
- Quen cava no mes de Santos perde o tempo e máis o traballo.
- Santos, ou secas fontes ou levas pontes.
- San Xoán e san Martiño foron merendar ao camiño. San Xoán leva o pan e san Martiño o viño.
- San Xoán come pan e san Andresiño touciño.
- Se no san Martiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño.
- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.

Powered by Drupal - Design by artinet