CHICHILIQUES:A forma tradicional de pedir os doces na zona de Huasteca en México

O 29 de outubro comenzou o noso proxecto CONTOS DO MUNDO que ten como obxectivo acercar as diferentes nacionalidades que están presentes no noso alumnado a través de historias que falen da súa cultura. Paola Oliveira e a súa filla Inés Mirón alumna de 2º B contarn unha precioso conto titulado: La Leyenda De La flor de Cempásuchil onde nos falaron da tradición do altar dos mortos en México. A escoita e posterior coloquio foi dirixido ao alumnado de 2º e 3º nivel. Este proxecto creado e dirixido desde a biblioteca  pretende fomentar a interculturalidade e a inclusión na nosa comunidade educativa do CEP Campolongo.

Álbum: 2024-25 -> Contos do Mundo
AnexoTamaño
Paola.mp34.49 MB