Skip to Content

 

logos á dereita

Novas

Programa Digicraft

Durante este curso escolar o alumnado de 5°D participou no programa DigiCraft, co fin de contribuir ao desenvolvemento das súas capacidades dixitais a través do xogo e a experimentación.
A través de diversas actividades crearon mundos dixitais, fixeron investigacións, fabricaron instrumentos musicais coa placa Makey Makey e un gran número de experiencias.
Para finalizar a súa aventura dixital participaron no SuperReto DigiCraft creando un mural interactivo onde plasmaron as cinco ideas do seu cole do futuro.
Viviron unha gran aventura!

 

 

 

GRAZAS FAMILIAS!

 

Hoxe varios membros do corpo de bombeiros do Carballiño visitaron o centro para recoller o material doado polas familias e o profesorado para o proxecto: Furgoneta Solidaria a Guinea Bissau.

Os bombeiros explicaron ao alumnado de terceiro en que consistía o proxecto.

Posteriormente os nenos/as de primeiro e terceiro de EP tiveron a oportunidade de visitar o camión dos bombeiros. 

 

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

 

 

 

 

 

 

 

Listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2023/24

Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido

para o curso 2023/24

 

Desde hoxe está publicada a listaxe definitiva do alumnado de novo ingreso admitido para o curso 2023/24.

Cumprindo coa normativa de protección de datos, as listaxes están publicadas nos taboleiros de anuncios dos tres edificios.  

Lembren que deben formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Debido a que estes días son non lectivos poderán consultalas a partir do día 18.

Informámosvos que as listaxes provisionais non sufriron variacións.

 

PROXECTO SOLIDARIO - FURGONETA SOLIDARIA A GUINEA BISSAU

 

Estimadas familias:

 

Temos a oportunidade de participar nun proxecto solidario en colaboración coa ONG

Furgoneta Solidaria a Guinea Bissau.

Recibimos esta invitación a través de dous membros do Parque de Bombeiros de O

Carballiño que están involucrados neste proxecto en calidade de colaboradores.

 

Solicitan a nosa axuda a través da achega do seguinte material escolar:

 

Cadernos

Lapis

Bolígrafos

Gomas

Estoxos

Mochilas

Libros de texto en inglés

 

Este material formará parte dun envío no que colaboran centros educativos, farmacias e

outras empresas de Galicia.

A ONG informaranos cando o material chegue ao seu destino, na zona de Gambasee en Guinea Bissau.

 

O prazo máximo para traer ao colexio as achegas é o próximo xoves 13 de maio.

 

 

Podedes saber máis sobre a asociación e o proxecto pinchando na foto:

 

 

 

 

ENQUISA DE CONVIVENCIA

 

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A ENQUISA DE CONVIVENCIA

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia pon en marcha a realización dunha enquisa para valorar os problemas de convivencia na comunidade educativa e desenvolver a Estratexia Galega para a Convivencia Escolar dos próximos anos.

A recollida de datos será mediante unha ferramenta informática en liña e totalmente anónima.

Para cubrir o formulario teredes que acceder á ligazón https://edu.xunta.gal/convfamil 

onde teredes que inserir o código que vos facilitamos hoxe a través do alumnado.

Cada familia realizará unha soa enquisa aínda que teña varios fillos ou fillas no centro.

A vosa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar.

Moitas grazas pola vosa participación!

Un saúdo.

O equipo directivo.

 

BENVID@S AO NOSO COLEXIO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Por mor da situación covid non se poderán facer visitas de forma presencial. Podedes ver un vídeo das nosas instalacións e velaquí vos deixamos un cartel informativo cos servizos que oferta o noso centro.

Pincha no cartel para ver o vídeo das instalacións.

Bo Nadal Familias!

BO NADAL FAMILIAS!!

AQUÍ DEIXAMOS AS ACTUACIÓNS DO NOSO CENTRO PARA A GALA ANTI COVID DO ENSINO DAS TERRAS DO CARBALLIÑO.

Pinchando AQUÍ tedes o acceso á Gala Anticovid completa, tanto de Infantil e Primaria coma de Secundaria, na que participamos xunto aos centros da contorna.

O CLAUSTRO DE PROFESORADO E O PERSOAL NON DOCENTE DO CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO DESÉXAVOS QUE PASEDES UNHAS BOAS FESTAS.

Este é o vídeo no que participou todo o alumnado de Educación Infantil dos doce centros:

 

Este vídeo é a felicitación en clave de rock do profesorado do centro: 

 

Neste vídeo podedes ver a todo o  alumnado de Educación Primaria:

 

GALA ANTI COVID

O vindeiro martes terá lugar a

GALA ANTI COVID DO ENSINO DAS TERRAS DO CARBALLIÑO

na que participarán os centros educativos que aparecen na imaxe con máis de 2400 alumnos e alumnas dende os 3 aos 18 anos. Os nenos/as poderán ver a gala en directo, as familias terán acceso ao enlace para poder velo con posterioridade á mesma a través de Youtube ou da Televisión do Carballiño.

 

 

 

Educación Infantil: Información para as familias de nova incorporación.

Consulta aquí a información:

 

 

Información para as familias de  nova incorporación

 

Tamén podedes atopar toda esta información nos diferentes blogs de Educación Infantil do noso centro:

 

http://coxegasnauceira.blogspot.com/

http://csinfantil.blogspot.com/

http://bolboretasdocampodafeira.blogspot.com/

 

VÍDEO SORPRESA PARA AS/OS PROFES...

Os nenos e nenas do cole sorprendéronnos hoxe con este vídeo tan emotivo.

Estamos desexando volver a vernos e que o cole se encha coa vosa maxia.

Grazas a todas as familias, e grazas á Anpa Uceira por montar este precioso vídeo.

E, sobre todo, GRAZAS ás pequenas e pequenos por esta alegría.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut