Skip to Content

 

logos á dereita

Novas

Entendendo o TDAH

ENTREGA FONDOLIBROS

Revista Escolar O Alustre Curso 2022 - 2023

Dende a seguinte ligazón podedes consultar a última edición da nosa revista escolar.

O ALUSTRE

UN DÍA SEN MOCHILA-POLOS CREATIVOS

Polos creativos propúxonos un reto: unha tarefa centrada no ODS número 12: "Produción e consumo responsable". O 14 de abril tratábase de amosar creatividade, iniciativa e conciencia ecolóxica, empregando material de refugallo e en colaboración coas familias. Resultado? Todo un éxito. Grazas a toda a comunidade educativa.

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES NÚMERO 1 ou no IES Manuel Chamoso Lamas desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

 

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:


Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: 

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

 

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se se desexa cubrir manualmente aquí tendes os enlaces aos documentos:

SOLICITUDE DE RESERVA GALEGO

SOLICITUDE DE RESERVA CASTELÁN

Toda esta información podedes atopala en:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

BO NADAL A TODOS/AS

VÉMONOS O 9 DE XANEIRO!

Distribuir contido


by Dr. Radut