Déixovos unhas imaxes da exposición que fixo o alumnado de 5º e 6º aos compañeiros e compañeiras do cole. Recolleron información sobre os muíños cercanos ao seu domicilio e logo puxérona en común:
Déixovos unhas imaxes da exposición que fixo o alumnado de 5º e 6º aos compañeiros e compañeiras do cole. Recolleron información sobre os muíños cercanos ao seu domicilio e logo puxérona en común:
Aquí tendes unha mostra dos refráns e adiviñas recollidas polo alumnado de 3º e 4º.
Aquí vos deixo o enlace ao video elaborado con motivo das Letras Galegas 2015, relacionado co noso PDI "Arredor dos muíños".
Traballos realizados polos rapaces e rapazas de 5º e 6º dentro do PDI "Arredor dos muíños".
Podedes ver:
Espero que aprendades moito.
Liatantoscontos
Seguimos traballando no Proxecto Documental Integrado deste curso, ARREDOR DOS MUÍÑOS.
Próximamente publicaremos aquí unhas fotos e un curto de animación que está ultimando a mestra Irene.
Este curto está relacionado coas Letras galegas, sendo un dos personaxes Filgueira Valverde. Como todos e todas sabedes Xosé Filgueira Valverde foi o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Fixo unha importante recopilación do folclore galego (cantigas, historias,..) verédelo acompañado de Losada Díeguez, mestre e colaborador del, e figura importante para o Concello da Estrada xa que pasou parte da súa vida na localidade.
As figuras que aparecen no curto foron feitas polo alumnado do Cabada Vázquez.
Espero que vos guste.
Grazas profe Irene.
Liatantoscontos
18/06/2015
"ARREDOR DOS MUÍÑOS" é o Proxecto Documental Integrado (PDI) que estamos levando a cabo no cole neste curso 2014/2015.
Para acceder ao documento preme no título do Proxecto ou no arquivo adxunto.
Un saúdo a todos e todas.
Liatantoscontos
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |