2º de E. PrimariaEDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 4 ao 10 de maio)EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS (Semana do 4 ao 10 de maio)
Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia. Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives. Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos: Nome e curso: Nome do xogo: Materiais necesarios: Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…): Foto ou debuxo xogando: Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.
Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico: - Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0
- Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras: o Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo o Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c o Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20 o Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks o As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.
- Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04 Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.
Saudiños, saúde e móvete moito! Recomendacións do DO para esta semanaAs recomendacións do DO desta semana están encamiñadas en concienciarnos da importancia de manter uns hábitos cotiáns nos nosos fogares.
Tamén se engaden uns consellos para transmitir tranquilidade cando os vosos fillos saian das casas.
TAREFAS SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO
TAREFAS MATEMÁTICAS 2º PRIMARIA
TAREFAS LINGUA 2º PRIMARIA
PROXECTO “ARREDOR DUNHA HORTA” 1º e 2º PRIMARIA
( categories: )
#Euquedonacasa (I stay at home) ARTSEnviado por Mary o Xov, 30/04/2020 - 00:18
Co reto desta semana imos convertirnos en arquitectos e facer unha construcción con material de reciclaxe.
( categories: )
DÍA INTERNACIONAL DA DANZAHoxe é o "Día Internacional da Danza", así que vos deixo algunha ideas para que vos movades con moito ritmo:
Bailade moito e pasádeo moi ben!
|