MÚSICAActividades de música DANZA DO PIRATA IIXa temos a segunda entrega da DANZA DOS PIRATAS! MOI BEN FEITO RAPACES E RAPAZAS!!
( categories: )
DANZA DO PIRATA IAquí tedes ao primeiro grupo realizando a percusión corporal da Danza do pirata. MOI BO RITMO RAPACES!!
( categories: )
MÚSICA 3º-4º PRIMARIA
MÚSICA MUIÑEIRA DE PONTESAMPAIO (Actividades do 23 ao 30 de abril)
Esta semana continuamos coas partes B, C e D da Muiñeira de Pontesampaio.
POÑEDE A VOSA IMAXINACIÓN A TRABALLAR!!! QUE TEDES NA CASA CO QUE PODEDES FACER MÚSICA?? UTENSILIOS DE COCIÑA, XOGUETES, LÁPICES, BOTELLAS, ...
Empregade o que queirades para facer os ritmos, incluso podedes caracterizarvos (seguro que tedes algún disfrace na casa, mesmo vos podedes pintar a cara). Imos a pasalo moi ben e facer algo divertido. Con todos os vídeos que mandedes farei a montaxe de todas as partes e subirase á páxina web do colexio para que toda a comunidade escolar poda desfrutar da vosa interpretación.
COMO TEÑO QUE FACER??
1º Escoitar a parte B mirando a partitura do ritmo. EN TODAS AS PARTES ESCOITAREDES ANTES DA CANCIÓN OITO PULSOS QUE NOS SERVEN DE GUÍA PARA SABER A VELOCIDADE. 2º Practicar a PARTE B, primeiro sen música e despois coa música empregando como instrumento musical o que se che ocorra. 3º Cando che saia, grava un vídeo e envíamo por correo electrónico. 4º Fai o mesmo coas partes C e D cambiando de obxectos para facer os ritmos.
PARTE B
AUDIO PARTE B
PARTE C
AUDIO PARTE C
PARTE D
AUDIO PARTE D
( categories: )
MOVÉMONOS COA MÚSICA IIRETO 5º e 6º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/wyM4dvh-h2c
2º Traballamos con raqueta e pelota (lembrade que poden ser feitas por vós). O máis importante é seguir o ritmo. Mirade o vídeo da profe Irene e facede o mesmo: https://youtu.be/eMY6GD6lsUo
Corresponde á parte B da canción “Jump in the line”. Jump in the Line (Shake, Senora) é unha canción de calipso (xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa. Tamén é popular en Costa Rica, Hondoras, Panamá, México, Perú ou Ecuador. A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados) cantada por Harry Belafonte e composta por Lord Kitchener . Aquí vos deixamos a música da PARTE B: https://www.dropbox.com/s/89cijezl0jg0qzq/Reto%205%C2%BA%206%C2%BA%20raqueta.mp3?dl=0 No seguinte enlace podedes escoitar a canción enteira interpretada por Harry Belafonte:https://www.youtube.com/watch?v=kMXBJW1PuU8
Tedes ata o 24 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene.
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/F4Qlv8ywWKA
Saúdos, saúde e moito ánimo!!! Irene e Carmen.
Somos piratas!!
Rapazas e rapaces de 1º e 2º!!!!
Propóñomos a seguinte actividade para que traballedes a percusión corporal. É a... DANZA DO PIRATA! Traballaremos as palmas, o golpe no peito e os pés. Teredes que seguir o musicograma e levar moi ben o pulso na parte do corpo que corresponda. Practicade moito e cando o teñades enviádeme un pequeno vídeo ou un audio realizando a actividade. Moito ánimo!!
( categories: )
MOVÉMONOS COA MÚSICA IIRETO 3º e 4º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA
Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/O1bzuFFUq44
2º Temos que facer o ritmo correspondente á parte A da Muiñeira de Pontesampaio, que aprendemos a semana pasada. Para isto precisamos unha raqueta e unha pelota. Mirade o vídeo para entender mellor a actividade: https://youtu.be/tmYHBFJtIes
Escoitade varias veces o audio antes de comezar a practicar. https://www.dropbox.com/s/yaekgnbg8tqixc0/AUD-20200415-WA0009.mp3?dl=0 Hai unha introdución de 8 pulsos antes de empezar a realizar a actividade.
Tedes ata o 23 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene. Se aínda non o tes, pídelle o correo a túa titora.
AUDIO PARTE A
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/yKDnOyKvzg8
INFORMACIÓN "Muiñeira de Pontesampaio"
Grupo MILLADOIRO Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego. Para máis información do grupo e ver algún vídeo visita a páxina:
Saúdos, saúde e moito ánimo!!!
Irene e Carmen.
|