MÚSICA 3º-4º PRIMARIA
MÚSICA MUIÑEIRA DE PONTESAMPAIO (Actividades do 23 ao 30 de abril)
Esta semana continuamos coas partes B, C e D da Muiñeira de Pontesampaio.
POÑEDE A VOSA IMAXINACIÓN A TRABALLAR!!! QUE TEDES NA CASA CO QUE PODEDES FACER MÚSICA?? UTENSILIOS DE COCIÑA, XOGUETES, LÁPICES, BOTELLAS, ...
Empregade o que queirades para facer os ritmos, incluso podedes caracterizarvos (seguro que tedes algún disfrace na casa, mesmo vos podedes pintar a cara). Imos a pasalo moi ben e facer algo divertido. Con todos os vídeos que mandedes farei a montaxe de todas as partes e subirase á páxina web do colexio para que toda a comunidade escolar poda desfrutar da vosa interpretación.
COMO TEÑO QUE FACER??
1º Escoitar a parte B mirando a partitura do ritmo. EN TODAS AS PARTES ESCOITAREDES ANTES DA CANCIÓN OITO PULSOS QUE NOS SERVEN DE GUÍA PARA SABER A VELOCIDADE. 2º Practicar a PARTE B, primeiro sen música e despois coa música empregando como instrumento musical o que se che ocorra. 3º Cando che saia, grava un vídeo e envíamo por correo electrónico. 4º Fai o mesmo coas partes C e D cambiando de obxectos para facer os ritmos.
PARTE B
AUDIO PARTE B
PARTE C
AUDIO PARTE C
PARTE D
AUDIO PARTE D
( categories: )
|