Presentación

CEIP Cabada Vázquez CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CEIP Cabada Vázquez intenta concienciar á comunidade educativa da prevención, detección e actuación en Contra a Violencia de Xénero,  por iso está a realizar diversas actividades relacionadas con esta temática como son: a creación de lemas que se colocaron nos chanzos da escaleira do colexio, crear e cantar unha canción en contra da violencia de xénero, contacontos, ...

CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

ULA LÚA? CONTACONTOS CON CELTIA FIGUEIRAS

Tags: IGUALDADE, Presentación, Educación física

CAMPO A TRAVÉS _PDC

O 5 de decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou na competición zonal de campo a través, celebrada na praia fluvial de Liñares. Esta actividade forma parte do PDC (Proxecto Deportivo do noso Centro) e está dentro do Plan Proxecta - XOGADE.

 

A maioría do alumnado participou correndo pero algunhas alumnas e alumnos fixeron de reportaxes (entrevistas, fotografías, vídeos), xa que arredor do deporte existen diferentes figuras: deportistas, entrenadoras, fisioterapeutas, reporteiras deportivas,...

 

Tags: CAMPO A TRAVÉS, CROSS, PLAN PROXECTA, Presentación, Xogade, Educación física

SAMAÍN-MAGOSTO _ PLAN PROXECTA

O 30 de novembro celebramos o magosto e o Samaín a nivel de centro. Na planificación das actividades tivemos en conta que participamos no PLAN PROXECTA con XOGADE e Móvete +. Comezamos a xornada escolar con diferentes talleres entre eles un de baile e despois do recreo realizamos xogos.

Foi unha xornada diferente coa que aprendemos con actividades lúdicas e centradas nos intereses do alumnado.

 

Nota: No blog da biblioteca pódense ver fotos dos diferentes talleres http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabadavazquez/node/682

 

 

Tags: Móvete +, Presentación, SAMAÍN-MAGOSTO, Xogade, Educación física

Danza Urbana _ Móvete + _ PDC_ Proxecta

É importante darlle ferramentas ao alumnado para crear hábitos de vida saudables, por iso, dende o CEIP Cabada Vázquez apostamos por un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) que integre deportes (XOGADE) e baile (Móvete +).

Por outra parte, buscamos que o alumnado poida continuar coas actividades físico-deportivas, máis aló da escola, de aí que traiamos ao colexio actividades que se ofertan dende a súa localidade. Neste caso contamos coa visita da Sofía Mosteiro e Elia do Ximnasio Absolute da Estrada, coas que aprendemos unha danza urbana. Poden ver algunhas imaxes no enlace.

 

Moitas gracias Sofía e Elia. Foi moi divertido.

 

Tags: Danza Urbana _ Móvete + _ Proxecta, Presentación, Educación física

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR #Be active#Somos activos#Galicia saudable@educacondeporte, #ESSD2019, @EuSport, @ISCA_tweet, @mdsz_hssf _ PLAN PROXECTA

Hoxe celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar, realizando as seguintes actividades:

  • Unha coreografía de baile para a que utilizamos a canción "Sen o teu riso non me vou" do grupo galego Monoulious Dop.
  • Estación con diversos xogos:
  1. Mariola, yoyo e chapas.
  2. Carreiras de relevos.
  3. Tres en raia con movemento.
  4. O pano ou a corda.

 

Foi unha xornada diferente, con moito deporte e diversión.

 

Tags: @educacondeporte, #ESSD2019, @EuSport, @ISCA_tweet, @mdsz_hssf, DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR # Be active#-Somos activos#Galicia saudable_ PLAN PROXECTA, Presentación, Educación física

PRIMEIRO DÍA DE CLASE_ Be active- Somos activos-Galicia saudable_ PLAN PROXECTA

1º DÍA DE CLASE. 

 

Comezamos o curso con enerxía, realiando varias activiades físico-deportivas:

  • Circuíto
  • Xogos con paracaídas
  • Reto Cooperativo e o pano
  • Xogos de corda
  • Paintball con balón

Este é o noso punto de partida para o noso Plan PROXECTA no que participamos a través do XOGADE e o Móvete +

 

 

Tags: Be Active, Somos Activos, Galicia Saudable, Proxecta, Actividade físico-deportiva, Presentación, Educación física