LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Ola amig@s!

Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Carlos Casares, autor de numerosas obras infantís e gañador de diferentes premios literarios. Na aula de 3 e 4 anos quixemos celebralo por todo o alto coa lectura do seu conto "A galiña azul", unha pequena historia sobre unha curiosa galiña que non todos aceptaban por ser diferente ás demais.

Para nós foi moi importante reflexionar sobre as nosas diferenzas, xa que resulta fundamental entender que non somos mellores por ter os ollos azuis, verdes ou marróns, nin por ter a pel máis clara ou máis escura (ao igual que no conto, no que se nos fai ver que unha galiña azul é tan válida coma as demais).

Ademais, aproveitamos a ocasión para deseñar as nosas propias portadas do libro, nas que debuxamos á galiña protagonista do conto. E tamén pintamos con acuarelas as galiñas veciñas.

Que sorte poder compartir historias tan bonitas coma esta da man de autores galegos!

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet