Ola a todos e todas, como sabedes, o 23 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DO LIBRO.
Premendo aquí ou no arquivo adxunto podes ler a mensaxe da directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, con motivo do Día mundial do libro e dos dereitos de autor.
Onte comezamos na escola coas actividades para conmemorar unha data tan importante para nós.
En primeiro lugar dar as GRAZAS ás librerías MARXE e DURÁN, de A Estrada, e á Editorial Edelvives por deixarnos libros para a exposición que temos na entrada do cole.
Queremos aproveitar este espazo web para CONVIDAR a toda a Comunidade Educativa a participar coa visita a dita exposición.
E grazas tamén á profe Bea e aos nenos e nenas de 2º de Primaria que estes días están a representar para todas as aulas o conto "O COELLIÑO BRANCO" e un recitado de poemas de MANUEL MARÍA.
Moitas grazas a todos e todas polo voso traballo e participación, reiterando o agradecemento especial ás librerías MARXE e DURÁN e á Editorial Edelvives.
Liatantoscontos
Adxunto | Tamaño |
---|---|
244337s.pdf | 74.45 KB |