Día das Bibliotecas e as Mulleres escritoras

Neste 24 de outubro, para conmemorar o Día das Bibliotecas e o das Mulleres escritoras, dous alumnos de 5º e 6º de primaria ofrecéronnos un cachiño da vida da escitora estradense Avelina Valladares e recitáronnos un dos seus poemas,  "Ulla". Estes alumnos xa nos representaran o pasado sábado no programa " O Recuncho da Lingua" de Radio Estrada, pero quixeron compartilo con todos nós neste día tan especial.

Para completar a xornada, o alumnado de 4º, 5º e 6º animouse a compartir lecturas cos máis pequenos do centro.

Como agasallo para todo o centro fixemos unhas chapas conmemorando o día.

 

  

 

 
 

Powered by Drupal - Design by artinet