FESTIVAL DE ENTROIDO 2024: O REI LEÓN E MÚSICA AFRICANA

Como xa sabedes, os protagonistas deste festival, tanto alumnado como profesorado, traballaron moito os días previos na elaboración

de máscaras, rabos, orellas, etc co fin de caracterizar as personaxes do Rei León.

Deste xeito Simba, Nala, Rafiki, Zazú, Mufasa, Timón, Scar e Pumba saíron desfilar acompañados de xirafas, leóns, cebras, guacamaios, panteras,

gacelas, elefantes e monos.

A  continuación, todas estas personaxes colocáronse en círculos respetando o seu nivel educativo para representar a canción “Amawelé, Amawelé”.

 Seguidamente, o alumnado de primaria a través de ritmos africanos representou as seguintes danzas:

 -        Funga Alafia (1º e 2º de educación primaria): canción e danza de saúdo extendida por todo o oeste de África (Nixeria, Liberia, Senegal, Ghana...) Alafia é un saúdo e Ashe significa algo equivalente a "que teñas saúde e paz".

 -        Zimbolé (3º e 4º de educación primaria): canción africana, posiblemente de Suráfrica.  É unha canción moi sinxela pero  está chea de optimismo e enerxía. O seu significado é PAZ.

 -        Kwaheri (5º e 6º de educación primaria): Esta danza de Kenia significa "adeus" e está en suajili (unha lingua bantúe). Recibe este nome por tratarse dun canto ós que se foron e xa non van volver.

Para finalizar a xornada, o alumnado invitou ás familias a bailar con eles a canción que iniciaba o festival e formando unha gran roda ao son de “Amawelé, Amawelé”, unha gran parte da comunidade educativa do CEIP Cabada Vázquez desfrutou desta danza.

A festividade continuou con minutos de baile para alumnado, profesorado e familias.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN PEQUENO RESUMO!

  

Powered by Drupal - Design by artinet