O noso proxecto de vida activa (PDC- XOGADE) inclúe coñecer actividades que se poidan desenvolver na localidade, por iso o 19 de decembro tivemos a visita de Ramón e de Julio.
Esta semana imos a realizar varias tarefas. Comezamos con un baile para traballar ritmo e lateralidade. Seguimos con un xogo de lanzamento. Logo temos 4 pasos de baile para crear entre todo co colexio unha “muiñeira con ritmo de hip hop” para o día das letras galegas e dentro do Proxecta no que estamos inmersos (Proxecto Deportivo de Centro: “Vida activa”). (Pode participar tamén a familia e entendemos que se se gravan nos están a dar permiso para subir o vídeo a web do colexio). Por último, estiramos un pouquiño.
XOGO: “Lanzo, lanzo e a bañeira alcanzo”: https://youtu.be/n3DiK_Otm5A(Se podes envíame unha foto ou un pequeniño vídeo para ver que ven lanzas coa man dereita e coa man esquerda)
O 28 de maio rematamos as actividades do XOGADE participando no campionato de atletismo en pista provincial celebrado no centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra.
EXISTEN MOITOS XOGOS E DEPORTES QUE SE PODEN E DEBEN PRACTICAR NA NATUREZA, POR ISO PARA ESTA SEMANA, QUEN NON O FIXERA XA, DEBE ENVIARME UNHA FOTOGRAFÍA OU IMAXE CUN LEMA A FAVOR DO COIDADO DA NATUREZA.
O lema debe empezar por “É HORA DE…”, por exemplo: “É HORA DE RECICLAR” acompañando unha fotografía tirando o lixo no seu contedor correspondente.
No primeiro día de clase, para comezar con enerxía, realizamos algúns xogos incluídos xogos cooperativos con paracaídas. Tamén tivemos a visita dun personaxe moi especial, "Paco Nogueiras" con quen nos divertimos bailando e cantando.
O atletismo é un deporte que inclúe moitas modalidades. É por iso que permite ao praticantes experimentar distantas probas para avaliar o seu rendemento. Nós estivemos, un ano máis, nas pistas de Cuntis para participar nas probas de 4x60m (relevos), 60 m lisos, lanzamento de peso e vórtex, salto de lonxitude e 500 m. Acudimos con dous equipos que competiron contra outros colexios da contorna.
O 14 de febreiro o alumnado de 5º acompañado por nenos e nenas de 4º e 6º participaron nunha convivencia de atletismo en pista, con alumnado doutros centros da contorna. Esta actividade realízase a través do Plan PROXECTA_XOGADE no que estamos inmersos.
2º Temos que facer o ritmo correspondente á parte A da Muiñeira de Pontesampaio, que aprendemos a semana pasada. Para isto precisamos unharaqueta e unha pelota. Mirade o vídeo para entender mellor a actividade: https://youtu.be/tmYHBFJtIes
Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.
Para máis información do grupo e ver algún vídeo visita a páxina:
O 30 de novembro celebramos o magosto e o Samaín a nivel de centro. Na planificación das actividades tivemos en conta que participamos no PLAN PROXECTA con XOGADE e Móvete +. Comezamos a xornada escolar con diferentes talleres entre eles un de baile e despois do recreo realizamos xogos.
Foi unha xornada diferente coa que aprendemos con actividades lúdicas e centradas nos intereses do alumnado.
O 5 de decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou na competición zonal de campo a través, celebrada na praia fluvial de Liñares. Esta actividade forma parte do PDC (Proxecto Deportivo do noso Centro) e está dentro do Plan Proxecta - XOGADE.
A maioría do alumnado participou correndo pero algunhas alumnas e alumnos fixeron de reportaxes (entrevistas, fotografías, vídeos), xa que arredor do deporte existen diferentes figuras: deportistas, entrenadoras, fisioterapeutas, reporteiras deportivas,...
O 20 de decembro todo o colexio realizou varios obradoiros. Un deles está relacionado co noso proxecto de "VIDA ACTIVA". Trátase dun obradoiro de baile.
Dentro do PDC decidimos iniciar ao alumnado de infantil na Educación Vial. Preparamos un divertido xogo no que simulaban distintos papeis: vehículos, peóns, policías, etc. Foi un primaira introdución que resultou moi satisfactoria.
A Xunta de Galicia ,en colaboración co programa Galicia Saudable e a consellería Deporte Galego, elaborou varios carteis, dípticos e paneis en xeral,.. informando dalgúns consellos para levar unha vida máis san.
Expoñemos aqueles dedicados aos cativos/as entre 5 e 12 anos.
Como o 1 de maio é festivo tedes 2 semanas para aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións. Tedes de prazo ata o 8 de maio. Abro tamén unha tarefa para que poidades enviarme a través do EDIXGAL (o eva) os vídeos.
Comeza polo primeiro paso e cando che saia ben envíame un vídeo a través do Edixgal (o eva), ou por correo electrónico ou por wathsapp se tes o meu número. Avísame con unha mensaxe polo Edixgal. Logo fai o 2º paso e envíamo, e así sucesivamente.
O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º teñen clase de psicomotricidade todos os días. A continuación presentamos uns vídeos que resumen o traballo realizado na aula de Educación Física.