EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP

(Actividades do 24 de abril ao 8 de maio)

Como o 1 de maio é festivo tedes 2 semanas para aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións. Tedes de prazo ata o 8 de maio. Abro tamén unha tarefa para que poidades enviarme a través do EDIXGAL (o eva) os vídeos.

 

Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo: https://youtu.be/9qS-fQuifnM

 

Agora xa estamos preparados para aprender os pasos:

1º paso:  https://youtu.be/h-b2TGBX3XA

2º paso: https://youtu.be/PJpdCMmvT1c  

3º paso: https://youtu.be/pgQfXcQ-oGU (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo:https://youtu.be/44LxfM6vDuA Se che resulta moi complicado fai este outro: https://youtu.be/ZI9PM8z2WLY )

4º paso: Pensa nun equilibrio e grávate facéndoo (pode ser de 2, 3 ou 4 apoios).

5º paso: practica un xiro e envíamo.

6º paso: https://youtu.be/PIuUF_xGAQQ

Comeza polo primeiro paso e cando che saia ben envíame un vídeo a través do Edixgal (o eva), ou por correo electrónico ou por wathsapp se tes o meu número. Avísame con unha mensaxe polo Edixgal. Logo fai o 2º paso e envíamo, e así sucesivamente.

 

Para terminar estiramos un pouco:  https://youtu.be/cesbI_YUjno

 

Saúdos, saúde e móvete moito!

Carmen.

Tags: EU FICO NA CASA, Presentación, VIDA ACTIVA, 5º de E. Primaria, 6º de E. Primaria, Educación física