Skip to Content

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 


 

LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR 2024-25

LISTAXE PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR 2024-25

CRA DE RIELLO

SOLICITUDE USO DE COMEDOR ESCOLAR

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE USO DE COMEDOR ESCOLAR

 

Vén de publicarse a Instrucción 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de Xestión Indirecta no curso escolar 2024-25, polo que se poderán presentar as solicitudes de uso de COMEDOR ESCOLAR para o vindeiro curso.

 

Data límite de presentación da solicitude: hasta o 01 de xullo de 2024

 

Documentación:

 

- Formulario cuberto (podedes descargalo ou recollelo no centro educativo).

- Certificado médico dalgún tipo de alerxia alimentaria do alumnado.

- Certificado dos servizos sociais ou municipais que acrediten a situación económica de exclusión social ou discapacidade igual ou superior ao 33%.

- Título de familia numerosa.

- Certificado emitido pola empresa do horario laboral da nai e/ou do pai.

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE ALUMNADO NOVO - CURSO 2024-25

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE ALUMNADO NOVO

CURSO 2024-25

PRAZO: 20 DE XUÑO A 30 DE XUÑO DE 2024

 

Documentación necesaria:

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

Bo día familias,

 

Podedes consultar na seguinte ligazón a listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025.

 

Recomendamos NON MERCAR ningún libro de texto ata a reunión de comezo de curso co profesorado.

 

Un saúdo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025.

Bo día familias,

 

Está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025 coa seguinte información clave:

PRAZO: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

TEXTO DA CONVOCATORIA

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE: A través do Anexo I e do Anexo II da seguinte forma:

          *IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá de presentarse unha                          solicitude individual para cada un dos seus fillos. 

          *IMPORTANTE: deberá ter conta de CHAVE365, o certificado dixital ou o DNI                electrónico e mais a aplicación Autofirma.

  • PRESENTACIÓN PRESENCIAL CON ASISTENCIA DA APLICACIÓN: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
  • PRESENTACIÓN MANUAL: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

  • Copia do libro de familia.
  • Sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor, no caso de separación ou divorcio.

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:

  • Terase en conta a renda do ano 2022 e o número de membros computables da unidade familiar con data do 31/12/2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero e nos casos de falecemento dalgunhas das persoas proxenitoras. 

 

  • O alumnado que non estea admitido/a nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024/25, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023/24.

 

  • Para 5º e 6º de EP a solicitude será só para a adquisición de material escolar por ser cursos E-DIXGAL.

 

  • O alumnado de 6º EP presentará a solicitude no IES onde foi admitido.

 Para mais información consulte as seguintes instrucións.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024-25

Bo día familias,

 

Xa están publicadas no hall da entrada principal do centro as listaxes definitivas de admisión do alumnado para o curso 2024-2025.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DO ACOSO ESCOLAR.

Bo día familias, 

Entrando na seguinte ligazón, poderedes ver o vídeo que creamos para conmemorar o Día Internacional do Acoso Escolar.

Esperamos que vos guste!

 

CANCIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR DO CEIP BERGANTIÑOS.

 

BECAS NEAE.

Bo día familias,

 

Está aberto o prazo de solicitude para as axudas de alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso 24/25.  No seguinte enlace tedes a información mais importante sobre as becas NEAE proporcionada polo departamento de orientación do CEIP Bergantiños en forma de cartel-resumo informativo.

 

Para mais información podedes consultar neste enlace a resolución e convocatoria do Ministerio de Educación.

 

Un saúdo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut