Skip to Content

TODO PREPARADO PARA A CARREIRA ENKI

Non queda nada para  o gran día!!! Xa temos todo listo para a primeira edición da carreira ENKI que se celebrará na xornada de mañá.

Seguiremos informando!

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2022

Este venres celebramos na escola o Magosto e o Samaín. Despois de dous cursos sen poder comer as castañas todas as aulas xuntas, por fin puidemos volver a facelo este ano. Xa que nas primeiras horas da mañá a choiva deu una tregua poidéronse realizar  os xogos de Magosto e parte da degustación das castañas no exterior.

Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver a exposición de contos terroríficos realizada polo alumnado de Educación Primaria (de 3º a 6º) (na entrada previa tedes tamén os contos en formato audio que fixeron os grupos de 1º e 2º de E.P.). Tamén hai fotos de decorados do edificio de Educación Infantil.

 

CONTOS DE SAMAÍN

 

 

O alumnado e o profesorado das aulas de 1º e 2º de Educación Primaria cóntannos os seus contos de Samaín favoritos. Para escoitalos só tedes que premer nas seguintes ligazóns:

1º de EP

2º A de EP

2º B de EP

2º C de EP

 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL (PXA) - Curso académico 2022-2023

Bo día.

Adxúntase, nesta publicación, Programación Xeral Anual para o presente curso académico, o curso 2022-2023, a cal foi aprobada nas reunións de Claustro e de Consello Escolar, celebradas no día de onte, 24 de outubro de 2022.


Saúdos.
María José Zas Lista,
directora do CEIP Bergantiños.

CALENDARIO ESCOLAR 2022/23

Adxúntase o calendario escolar para o presente curso 2022/23. En canto se aprobe a Programación Xeral Anual anunciaremos os días non lectivos escollidos polo centro.

PROGRAMA DE "PAIS E NAIS NO OCÉANO EDUCATIVO" - ASOCIACIÓN VIEIRO

A Asociación VIEIRO dentro da programación dePREVENCION no ÁMBITO FAMILIAR,pon en funcionamento o programa“PAIS E NAIS NO OCÉANO EDUCATIVO”,destinado a pais, nais e persoas
con responsabilidade familiar, que desexen informarse e formarse á hora de desempeñar a súa labor como
educadores/as.

Este programa está composto por obradoiros impartidos por psicólogas e educadoras de Vieiro que buscarán dar as ferramentas axeitadas para saber navegar no océano educativo e distribuiranse do seguinte xeito:
-“CARTAS DE NAVEGACIÓN” (Habilidades sociais)
-“BUSCANDO O NORTE” (Disciplina positiva)
-“CADA BARCO TEN O SEU TIMÓN” (Normas e límites)
-“CAPEANDO O TEMPORAL” (Resolución de conflitos)
-“MAR DE REDES” (Novas tecnoloxías)
-“MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (Coeducación e igualdade de xénero)


Este programatotalmente gratuíto,poderano solicitar aquelas ANPAS ou CENTROS EDUCATIVOS que o desexen, ademais de os pais e nais a nivel persoal.


Para a realización destas escolas é imprescindible o compromiso de asistencia ás mesmas, de non ser así o grupo poderá disolverse e/ou reubicar ás/aos asistentes noutras escolas que estean en funcionamento.

Os obradoiros darán comezo no mes de Outubro. As sesións terán unha periocidade semanal, quincenal ou mensual segundo preferencia dos participantes e a súa duración será de hora e media.

A inscrición pode facerse na Asociación Vieiro, chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a onde pertenzan.

Para calquera dúbida poden chamar ao 981756161.

CAMBIOS NAS ENTRADAS E SAÍDAS AO CENTRO - A partires do luns 19 de setembro

Debido ás queixas producidas polas familias que acceden ao centro pola porta da piscina, o Equipo Directivo do centro, decidiu manter un único acceso de entrada e saída para todo o alumnado matriculado no colexio.
Este acceso farase polo portalón principal.

Estes cambios aplicaranse a partires do luns 19 de setembro.

 

ENTRADAS
Ás 09.40h
Accederá todo o alumnado matriculado no centro educativo, polo portalón principal.

Os grupos-aula que facían filas seguiranas facendo nos lugares adxudicados para os mesmos, coa única diferenza de que o alumnado de 1º, 2º e 6º de EP deberá bordear o edificio para poder chegar ao pavillón e patio cuberto, lugares onde realizan as súas filas.

 

SAÍDAS: Educación Infantil
Sairán polo portalón principal.Un familiar de cada neno/a de Ed. Infantilpoderá entrar ao recinto para a súa recollida.As saídas faranse de xeito gradual, nas
seguintes franxas horarias:


4º de EI (3 anos): Ás 14.20h
5º de EI (4 anos): Entre as 14.30h e 14.35h
6º de EI (5 anos): Entre as 14.35h e 14.40h


SAÍDAS: Educación Primaria
Sairán todos/as polo portalón principal.As saídas faranse de xeito escalonado, paraevitar aglomeracións, nas seguintes franxashorarias:
1º, 2º e 3º de EP: Entre as 14.30h e 14.35h
4º e 5ºde EP: Entre as 14.35h e 14.40h
6ºde EP: Ás 14.40h

 

Podedes ver nesta publicación, como documento adxunto, unha publicación cunha presentación en diapositivas, indicando estes cambios.

 

Esperamos que con estes cambios, as entradas e saídas sexan o máis fluídas posíbeis.

 

Un saúdo,

O equipo directivo.

 

 

 

INFORMACIÓN BÁSICA E-DIXGAL

Bo día.

No documento adxunto, tedes un folleto coa información básica sobre os cursos E-DIXGAL, que se imparten en 5º e 6º de EP no noso centro educativo.

 

Un saúdo.

A coordinadora TIC do centro educativo.

Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Boa tarde.

Veñen de publicarse as Instrucións conxuntasdo 5 de setembro de 2022da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

As recomendacións son as seguintes:

- Realizaranse tarefas de ventilación cruzada frecuente nas instalacións.

- Promoverase o lavado de mans regular.

- A máscara utilizarase no transporte escolar.

- Recoméndase o uso da máscara:
A persoas que presenten síntomas compatibles coa Covid -19.
A persoas con criterios de vulnerabilidade, especialmente en situacións de alta incidencia comunitaria.
A persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita de Covid-19.

Podedes ver o documento no arquivo adxunto.

Un saúdo,

O equipo directivo.

MODELOS DE AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA DO CENTRO EDUCATIVO DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EP

Bo día.

Adxuntamos modelo de autorización para que o alumnado de 5º e 6º de EP poida saír só, a partires das 14.40h do centro educativo, ou á saída do comedor escolar. Este tipo de autorización ten validez por curso escolar. Por iso, o alumnado de 5º de EP que a tiña asinada o curso pasado, deberá traer esta autorización impresa e asinada, para permitirlles saír sós xa o día 8 de setembro.

O 1º día lectivo, cada titor/a fará reparto das mesmas tamén.

 

Un saúdo,

O equipo directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut