Skip to Content

FELICES FESTAS!

A comunidade educativa do CEIP Bergantiños deséxavos unhas felices festas e un próspero aninovo 2022

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado do CEIP Bergantiños participou nunha actividade promovida polo Equipo de Convivencia para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. As nenas e os nenos crearon diversas mensaxes de rexeitamento da violencia de xénero e en apoio da igualdade. Na seguinte ligazón podedes ver imaxes desta actividade.

 

25-N CEIP BERGANTIÑOS

 

 

 

NOVIDADES NO BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Para ver os novos contidos do blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega podedes facelo indo á parte dereita da páxina e premendo en "orecunchodaspalabras" ou directamente nas seguintes ligazóns:

 

SOLIDARIEDADE COA ILLA DA PALMA

 

O NOSO SAMAÍN

DECORACIÓN DE SAMAÍN EN EDUCACIÓN INFANTIL

   

DECORACIÓN DE SAMAÍN EN EDUCACIÓN PRIMARIA

      

 

MARCAPÁXINAS SOLIDARIO SAVE THE CHILDREN

 

 

O alumnado de 1º E.P. e todo o alumnado de Relixión Católica de Ed. Primaria participaron un ano máis na actividades de Marcapáxinas

Solidario de Save The Children. Aquí podedes ver o xustificante da transferencia feita e o Diploma de agradecemento ao centro por participar

nesta iniciativa novamente, similar aos diplomas recibidos polos nenos que participaron de xeito voluntario. Moitas grazas a todos pola vosa

colaboración nas dúas modalidades de marcapáxinas solidarios realizadas este ano no noso centro.

 

Marcapáxinas Solidarios

Boas, familias do Bergantiños!

Como sabedes este ano o Equipo de Convivencia do noso centro fixo unha venda de “marcapáxinas solidarios”.  O resultado foi dunha grande magnitude. Recaudáronse 831,39€!!! GRAZAS!

As asociacións sen ánimo de lucro que saíron vencedoras da votación por parte do alumnado foron a protectora “Amiga de los perros de Carballo” e “ASPABER”. 

 

Este mércores 16 de xuño viñeron as dúas ó noso centro.

Dado que a nosa idea sempre foi a de adquirir aqueles produtos ou necesidades que nos demandaran, pedímoslles ás gañadoras unha listaxe. Foros as seguintes:

 

ASPABER solicitounos dúas tablets. Isto axudaralles o seguinte:

- Xerar consolidación de aprendizaxes polo reforzo visual e auditivo implicado no traballo a través de programas adaptados á atención, o razoamento, a memoria e a concentración

- Favorecer a motricidade fina e a coordinación visomotora.

- Mellora da comunicación pola adecuación de entornos gráficos que favorecen a motivación.

- Motivar aprendizaxes a través de programas resposta inmediata permitindo que a práctica repetitiva sea gratificante.

- Favorecer as relacións sociais nos usuarios autistas e con problemas de relación por medio de programas que permiten sincronizar a voz gravada dos rapaces e rapazas coas propias marionetas facilitando deste modo a interacción.

- Traballar a comunicación aumentativa a través de APP’S específicas.

 

“Amiga de los perros de Carballo” demandounos o seguinte:

- Comida seca para cans adultos maiores con pocos dentes.

- Comida húmida para cans adultos maiores.

- Comida seca para gatos.

- Comida húmida para gatos.

 

 

Como podedes ver nas fotografías, os cartos déronnos para moito e mercamos todas as súas peticións!

 

Para que non quedara nada sen gastar, houbo unha última doación para redondear as contas.

 

Gustaríame agradecer ás dúas asociacións a súa disponibilidade e amabilidade para coincidir horarios e tamén os seus agasallos. Grazas.

 

Agradecer tamén a “Mascotare” tenda especializada en produtos para mascotas sita en Rúa Manuel Azaña, No 34, Bajo Izq, 15011 A Coruña que facilitounos toda a mercadoría e o seu trato, dispoñibilidade e esforzo foron exquisitos.

E un saúdo para Roberto, usuario de ASPABER que veu á visita e aportou un gran sorriso e un  par de bromas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estas son algunhas das fotos que sacamos ao longo da visita…

 

Moitas grazas Bergantiños pola colaboración! Sodes xeniais!

 

Javier Martínez Soto

Coordinador do Equipo de Convivencia do CEIP Bergantiños

 

 

 

A HORA DO PLANETA

A HORA DO PLANETA sábado 27 de marzo de 2021.

A Hora do Planeta é a campaña internacional organizada por World Wide Fund For Nature (WWF) para impulsar a CONCIENCIACIÓN sobre o CLIMA, a BIODIVERSIDADE e a NATUREZA.

A iniciativa desta campaña promove apagar as luces o último sábado de marzo de 20:30h a 21:30h.

#EuTaménCoidoOPlaneta

Entrevista Día da Muller - 8 de Marzo 2021

 

 

 

Karina García - Científica

 

Mª Jesús Vilariño - Bombeira 

 

  

Mónica Fernández - Sumiller 

 

 

DIA DA MULLER - 8 DE MARZO 2021

 

                           

Para saber máis descarga o vídeo

 

 Para saber máis descarga o vídeo

 

 

Para saber máis descarga o vídeo 

 

Para saber máis descarga o vídeo  

Distribuir contido


by Dr. Radut