Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025.

Bo día familias,

 

Está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025 coa seguinte información clave:

PRAZO: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

TEXTO DA CONVOCATORIA

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE: A través do Anexo I e do Anexo II da seguinte forma:

          *IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá de presentarse unha                          solicitude individual para cada un dos seus fillos. 

          *IMPORTANTE: deberá ter conta de CHAVE365, o certificado dixital ou o DNI                electrónico e mais a aplicación Autofirma.

  • PRESENTACIÓN PRESENCIAL CON ASISTENCIA DA APLICACIÓN: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
  • PRESENTACIÓN MANUAL: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

  • Copia do libro de familia.
  • Sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor, no caso de separación ou divorcio.

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:

  • Terase en conta a renda do ano 2022 e o número de membros computables da unidade familiar con data do 31/12/2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero e nos casos de falecemento dalgunhas das persoas proxenitoras. 

 

  • O alumnado que non estea admitido/a nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024/25, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023/24.

 

  • Para 5º e 6º de EP a solicitude será só para a adquisición de material escolar por ser cursos E-DIXGAL.

 

  • O alumnado de 6º EP presentará a solicitude no IES onde foi admitido.

 Para mais información consulte as seguintes instrucións.

AdxuntoTamaño
CONVOCATORIA FONDO LIBROS.pdf1.3 MB
INSTRUCIÓNS FONDO LIBROS.562.1 KB
ANEXO I e ANEXO II.pdf1.88 MB


story | by Dr. Radut