PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE USO DE COMEDOR ESCOLAR
Vén de publicarse a Instrucción 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de Xestión Indirecta no curso escolar 2024-25, polo que se poderán presentar as solicitudes de uso de COMEDOR ESCOLAR para o vindeiro curso.
Data límite de presentación da solicitude: hasta o 01 de xullo de 2024
Documentación:
- Formulario cuberto (podedes descargalo ou recollelo no centro educativo).
- Certificado médico dalgún tipo de alerxia alimentaria do alumnado.
- Certificado dos servizos sociais ou municipais que acrediten a situación económica de exclusión social ou discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Título de familia numerosa.
- Certificado emitido pola empresa do horario laboral da nai e/ou do pai.