Circulares informativas

AVISO IMPORTANTE

Lembrámoslles que os días 5 de outubro (festivo local) e 12 de outubro (festivo nacional) son días non lectivos e polo tanto non haberá clase.

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE

 

COMEZO DAS CLASES PRESENCIAIS.

Como o alumnado ten que adquirir novos hábitos que implican tanto o cambio da porta deacceso ao colexio como de ruta que debe seguir para chegar á súa aula, o que sumado ao alumnado que cambia de etapa e/ou curso,mestre/a e aula, fai necesario organizar dunxeito especial o primeiro día lectivo. Para evitar aglomeracións e confusións propias desa primeira xornada, flexibilizaremos os horarios, segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradualdo alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondospúblicos na Comunidade Autónoma de Galicia,organizando as seguintes quendas:

 

  • Xoves 10 de setembro: soamente acudirán ao centro o alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil e o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.
  • Venres 11 de setembro: comezará o alumnado de 6º de Ed. Infantil e 4º, 5º e 6ºde Educación Primaria, asistindo ese día todo o alumnado ao centro.(incluídoo do xoves día 10)

 

 

HORARIO DE ENTRADA.

Debido á necesidade de realizar unha entrada/saída escalonada no centro, o alumnado entrará gardando a distancia de seguridade do seguinte modo:

 

 

REUNIÓNS DE EDUCACIÓN INFANTIL.

En 4º e 5º de educación infantil realizaranse nas aulas de cada alumno/a cun asistente por familia e en grupos de 4/ persoas en función dos grupos colaborativos establecidos para o curso, dentro dos grupos estables de convivencia e en 6º de infantil, mediante convocatoria por vídeo conferencia do seguinte xeito:

 


Educación Primaria

As reunións iniciais das titorías coas familias de primaria terán lugar segundo o seguinte cadro, no AUDITORIO DO VELLO CÁRCERE. Asistirá unha persoa por alumno/a. Lembren ser PUNTUAIS.

Curso

Espazo

Asistentes

Grupo 1

1º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Venres 11 17:30 h

2º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Venres 11 19:00 h

3º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Venres 11 16:00 h

4º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Luns 14 16:00 h

5º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Luns 14 19:00 h

6º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Luns 14 17:30 h

 

Dirección: Praza da Constitución, s/n, 27002 Lugo

Teléfono: 982 29 71 95

https://goo.gl/maps/ZXfYtrJWcrNJmYiq7

 

 

Estas reunións así como as de educación primaria, terán lugar baixo os mesmos parámetros de seguridade e no caso de reunións de máis de cinco familiares.

- Un único asistente por alumno/a.

- Separación entre cadeiras dun mínimo de 1,5m

- Obrigatorio o uso de máscara entre os asistentes.

- Entre reunións haberá entre 30’- 45’ de separación, tempo no que se ventilará o espazo e realizaranse labores de limpeza nas cadeiras empregadas e no resto do recinto.

 

 

Ao longo desta semana, publicaremos nesta web a versión revisable dos plans de adaptación, continxencia e acollida para o noso centro.

Por favor, todas aquelas persoas que non teñan instalado abalarmóbil no seu terminal móbil, procedan a inatalalo para recibir as comunicacións do centro e do/da titor/a.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

 

O equipo directivo.

Un saúdo

 

Almorzos MADRUGADORES

A partir do curso 2020-2021 contaremos coa posibilidade de poñer en marcha o servizo de almorzos MADRUGADORES no noso centro educativo.

Este programa depende do Concello de Lugo que está a elaborar protocolos de actuación " seguindo as últimas indicacións dás autoridades sanitarias, que serán dinámicos e estarán sempre acorde ás últimas indicacións emitidas".

FORMULARIO.

Os que estean interesados nunha das prazas que se ofertan deberán cubrir a solicitude que se atopa na páxina web do Concello e entregala preferiblemente mediante o rexistro telemático ou de maneira presencial, pedindo cita previa no servizo de información municipal 010.

Fai click nos documentos adxuntos que aparecen na parte de abaixo para descargalos.

 

PREGUNTAS E RESPOSTAS EN RELACIÓN CO DESENVOLVEMENTO TERCEIRO TRIMESTRE

Publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do vixente curso académico, ponse a disposición da comunidade educativa un conxunto de preguntas/respostas coa finalidade de aclarar posibles dúbidas que puidesen xurdir.
Trátase dun documento aberto ao que se incorporarán máis cuestións, a medida que se formulen novas dúbidas que precisen dunha aclaración xeral.

 

PREGUNTAS E RESPOSTAS

 

Cando remata o curso escolar 2019/2020?
As actividades lectivas do curso escolar seguirán ata o 19 de xuño, tal como vén establecido na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020.

 

Que probas ou traballos se lle poden pedir ao alumnado no terceiro trimestre?
O traballo no terceiro trimestre estará enfocado principalmente ao repaso, reforzo e recuperación e adaptado en función de cada etapa, área ou materia, tendo en conta a situación de cada alumno ou alumna coa fin de non sobrecargalos de tarefas excesivas. Pódense combinar traballos individuais ou en equipo, especificamente da materia ou interdisciplinares, etc, coas probas que se estimen procedentes para a valoración do traballo realizado.

 

Entra materia nova no terceiro trimestre?
Pode entrar. Pero sempre para favorecer o progreso na aprendizaxe e no desenvolvemento das competencias clave. Esta materia non se avaliará de xeito independente para facer “media” coas cualificacións anteriores. Servirá para mellorar a cualificación obtida na primeira e na segunda avaliación.

 

Se non se imparte materia nova, pódese impartir no vindeiro curso?
Si. As programacións didácticas para o curso 2020/20121 deberán ter en conta as adaptacións realizadas na programación neste terceiro trimestre coa finalidade de que o alumnado poida progresar a partir das aprendizaxes
anteriores.

 

O traballo do terceiro trimestre vaise avaliar e ter en conta para nota?
O traballo feito no terceiro trimestre non será avaliado do mesmo xeito que a avaliación presencial do primeiro e segundo trimestre. O traballo do terceiro trimestre servirá, exclusivamente, para recuperar as avaliacións pendentes ou mellorar a cualificación final.

As materias non superadas da primeira e/ou da segunda avaliación poderán recuperarse co traballo e as probas que se poidan facer durante o terceiro trimestre.

 

Avalíanse os reforzos e a materia que se avanza?
Si. Pero unicamente para favorecer a cualificación final do alumnado. Nunca se poderá minorar a cualificación obtida polo alumnado na primeira e na segunda avaliación.

 

Pode promocionar o alumnado con materias pendentes?
Si. O equipo docente ten que valorar a evolución académica do alumnado e as posibilidades que ten de continuar no curso ou etapa posterior co programa de reforzo correspondente.

Os criterios de promoción aplicaranse sempre pensando en non prexudicar ao alumnado polo cambio á metodoloxía non presencial. A repetición será unha medida excepcional e estará sempre solidamente argumentada e acompañada dun plan de recuperación.

 

Se un alumno suspende a 3ª avaliación, suspende o curso?
O desenvolvemento do terceiro trimestre servirá unicamente para que o alumnado recupere, consolide e avance se fose o caso. En ningún caso poderá verse prexudicado polo traballo desenvolvido de maneira non presencial. Mediante a valoración deste traballo, a través dos instrumentos de avaliación que se utilicen, poderá recuperar, no seu caso, as avaliacións non superadas anteriormente, e/ou mellorar a súa cualificación final.

 

Pódese promocionar de curso na ESO con materias suspensas en xuño?
Si. O relevante da decisión non pode ser o número de materias pendentes, senón que o alumnado alcance os obxectivos e as competencias clave da etapa.

Tanto na avaliación ordinaria, en xuño, como na extraordinaria en setembro, é posible a adopción da decisión de promoción. Tomarase en consideración aos efectos do momento da toma de decisión, o que resulte máis conveniente para o alumno ou alumna, en relación ao mellor aproveitamento do curso ao que se incorpora.

 

Pódese titular na ESO con materias suspensas en xuño?
Si. O relevante da decisión non pode ser o número de materias pendentes, senón verificar que o alumnado alcanza os obxectivos e as competencias clave da etapa. Neste sentido, atenderase a aqueles elementos curriculares máis relevantes e imprescindibles para alcanzar os obxectivos fundamentais desta etapa.

 

Pódense facer probas extraordinarias para recuperación?
Os equipos docentes poden facer as probas que consideren oportunas co fin de dar maiores posibilidades ao alumnado para superar a materia correspondente, polos mesmos medios que se veña comunicando co seu alumnado.

 

Hai que modificar as programacións?
Hai que adaptar as programacións para centralas, preferentemente, na obtención dos obxectivos e competencias clave da primeira e segunda avaliación, reforzando e consolidando as aprendizaxes máis relevantes e imprescindibles das mesmas, que garanten a continuidade do proceso educativo ao longo da etapa ou unha vez finalizada a mesma. Así mesmo, establecerase o procedemento para a cualificación final do alumnado.

Como hai que avaliar o alumnado dos programas de mellora?
Igual que cos do grupo de referencia. A avaliación deste alumnado xa é por ámbitos, o que favorece a súa avaliación integradora.

 

Pódese promocionar no Bacharelato con materias pendentes?
Si. A promoción de curso debe de ser a norma xeral tamén no bacharelato. A repetición ten a consideración de medida excepcional. Para a toma de decisión, o equipo docente considerará a evolución do alumno ou alumna, a súa
madureza académica e persoal e as posibilidades de aproveitamento no segundo curso.

 

Cando se promociona con materias de contidos progresivos non superadas, hai que matricularse delas no vindeiro curso?
Si. Quen promocione con materias pendentes, sexan de continuidade ou non, deberá matricularse delas no seguinte curso. Nas programacións do segundo curso estableceranse as medidas de reforzo e recuperación das materias pendentes.

 

Pódese titular en Bacharelato con materias suspensas?
Con carácter xeral, para obter o título de bacharel será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos.

Porén, de maneira excepcional, os equipos docentes poderán flexibilizar os criterios de obtención do título, non considerando as limitacións que afecten ao número de materias non superadas. Neste caso, a decisión poderá estar baseada:

  • En que o alumno ou alumna teña adquirido suficientemente os obxectivos xerais da etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico.
  • Na evolución académica do alumno ou alumna durante o primeiro e o segundo trimestre, así como ao longo de toda a etapa.
  • A madureza en relación ao logro dos obxectivos e a adquisición competencias clave da etapa, que lle permitan ao estudante continuar os seus estudos.

 

A decisión de promoción e titulación do alumnado adoptase en xuño ou en setembro?
Pódese adoptar a decisión en ambas as dúas convocatorias, tanto na convocatoria ordinaria de xuño como na extraordinaria de setembro.

 

Na convocatoria extraordinaria de setembro, entra toda a materia do curso?
O referente son as aprendizaxes durante os dous primeiros trimestres. A parte de materia que se puidese ter avanzado no terceiro trimestre non entrará na proba extraordinaria.

مشاكل عامة عند الولوج للقاعة الإفتراضية

 

 

.في بعض الأحيان نجد صعوبات في الدخول أول مرة للقاعة الإفتراضية

 

في هذا الملخص نستطيع تحديد الأخطاء الأكثر شيوعا عند الدخول للقاعة الإفتراضية

 

القاعة الإفتراضية متبثة على موقع المؤسسة التعليمية

 

بالجانب الأيمن من الجهة العلوية وبالتحديد على الرابط التالي

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbenignoquiroga/aulavirtual/

 

أين وكيف يمكننا الدخول

 

 

ACCESO,هنا يجب أن ندخل دائما(حيث يشير السهم الأخضر) بالضغط على كلمة ولوج

 

في بعض محركات البحث لن تضهر لك كلمة

 

acceso

 

بل ستجد بدلها ثلاث عوارض في هذه الحالة تضغط على العوارض الثلاث وسوف تظهر لك كلمة

 

acceso

 

 

 

مشاكل مع إسم المستخدم

 

اسم المستخدم في فصلنا الدراسي الافتراضي هو اسم التلميذالشخصي واسمه العائلي

 

هذا الإسم يجب أن يكتب على الشكل التالي

 

بشكل مشترك دون فوارق ولا رموز في الإسم واللقب

 

الكتابة بالحروف الصغيرة

 

 

 

.مشاكل تقنية مع كلمة السر

 

 

 

كلمة السر التي تعطى أول مرة هي 1234،عند الدخول أول مرة، يجب علينا تغييرها بكلمة سر شخصية، ينصح بكتابة كلمة السر الجديدة وحفظها لأجل عدم نسيانها.

 

في حالة إذا ما غيرتم كلمة السر ونسيتموها ارسلوا رسالة إلكترونية للمؤسسة التربوية

 

ceip.benigno.quiroga@edu.xunta.gal

 

لحل أي مشكلة تواجهكم

 

كثيرا ما يحدث محرك البحث الذي نستعمله مشاكل عند الدخول، لنتأكد من أن المشكل لا يكمن في محرك البحث يجب القسام بالأفعال التالية:

 

مسح ملفات التعريف وأرشيف الأبحاث من محرك البحث، هذا حسب محرك البحث الذي نستعمله.

 

(Internet explorer, Chrome, Firefox..).

 

 

نقوم بذلك من

 

أو مدخل شبيه

 

MOZILLAFIREFOXينصح باستعمال محرك

 

، لانه الأكثر توافق مع هذا النوع من المواقع الرقمية

 

 

 

مع أجمل التحيات

 

تحلوا بالشجاعة.

 

 

 

 

 

 

 

WEBEX: Servizo de videoconferencia

 WEBEX é un un servizo de videoconferencia para o ámbito docente que se pon a disposición da comunidade educativa mentres duren as circusntancias actuais. Dito servizo está dispoñible no seguinte enlace:

https://eduxunta.webex.com

 

Aquí deixámosvos videotItoriais, así como un manual de usuario, para utilizar o servizo:

MANUAL DE USUARIO WEBEX

 

VIDEOTITORIAL PARA O ALUMNADO

 

VIDEOTITORIAL PARA O PROFESORADO

Servizo de impresión de materiais educativos

COMUNICADO: As concellerías de Educación e Cultura activan un servizo de impresión a demanda para as escolares e estudantes de Lugo

 

Máis información.

AVISO: AVALIACIÓN E USO DE ABALAR MOVIL

Estimadas familias,

este xoves 2 abril de 2020, ás 14:00h, poderedes consultar as notas da segunda avaliación a través de abalarMóbil. Esta avaliación foi realizada en circunstancias extraordinarias segundo a normativa vixente e tendo en conta o traballo presencial ata o momento no que se puxo en marcha a alarma sanitaria a nivel nacional e da Comunidade Autónoma de Galicia. Non se tivo en conta o traballo on line, este traballo NON É AVALIABLE. A partires deste momento, e de cara á vindeira avaliación as condicións poden cambiar pero estas decisións non dependen dos equipos directivos dos centros nin do propio profesorado.

            

Solicitamos a vosa colaboración para facer chegar a todas aquelas familias coas que teñades contacto, a importancia de instalar e utilizar a Aplicación Abalar Móbil, sobre todo nestes momentos. Todas as familias que non contan con medios telemáticos, recibirán o boletín de notas por correo postal. Podedes informarvos na nosa web (no apartado "Espazo Abalar") e no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf

Axudémonos entre todos e todas!! E para calquera dúbida poñédevos en contacto con nós a través do correo do centro:

 ceip.benigno.quiroga@edu.xunta.es

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA OS VINDEIROS DÍAS

Durante o período de suspensión da actividade lectiva nos centros escolares, o alumnado poderá continuar cas tarefas educativas nos seus domicilios.

Ademais do contacto cos vosos titores e titoras, o  profesorado está programando unha serie de actividades, as cales aparecederán recollidas nos apartados: Ed. Infantil, Ed. Primaria, Dpto. Orientación e Aula virtual.

Tede en conta que esta é unha situación nova e imprevista para todos e todas, e cada pouco cambian as instruccións e adáptanse as normas.

Lembrade que podedes poñervos en contacto con nós por medio de Abalar Móbil ou ben no correo electrónico do centro. Para incidencias podedes chamar ao 982 828 191 en horario de 10:00 a 13:00 horas

Moito ánimo e forza!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer