Benchobiblio

DIA DA FAMILIA

Bo día!

O día  15 de maio celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co gallo de concienciar á poboación sobre o importantísimo papel que ten a familia na educación e formación dos fillos. 

Este ano imos celebrar esta data de distinta maneira , sen o contacto tan necesario dos nosos seres queridos, sen bicos nin apertas , sen coller aos avós e avoas das mans... pero mantendo a confianza de que ese día está mais preto.

Mentras non chegue ese momento  deixamos esta pequena  lembranza . Unha presentación que nos fará pensar o valor que ten un bico o unha aperta. 

Agradecemos , unha vez mais, a resposta increíble que tedes para todas as  actividades propostas desde as titorías,  departamentos ou equipos docentes.

Disfrutade moito cada segundo que pasades coas vosas familias e amigos.

Un bico e unha aperta "virtual".

Equipo de Biblioteca.

 

FESTA DOS MAIOS 2020

FELIZ FESTA DOS MAIOS!!!

O Proxecto Documental Integrado deste curso leva o título de "As festas tradicionais galegas e a súa gastronomía" e neste proxecto non podía faltar a festa dos Maios.

Esta entrada da web demostra que por moi confinados que esteamos na casa sodes increíbles. Moitas grazas.

Grazas , tamén , ao alcalde do Pereiro de Aguiar por adicarnos un pouco do seu tempo neste momento tan difícil e por as palabras de ánimo e felicitación.

Disfrutade do día e do traballo do alumnado e familias.

Grazas de novo.

Equipo de biblioteca.

CELEBRACIÓNS MAIOS 2020

Estimadas familias:

Achégase o mes de maio e con el a festa dos Maios. O equipo de biblioteca propón dúas actividades VOLUNTARIAS.

1ª. Facemos un maio.

Encantaríanos recibir fotos dunha manualidade ou debuxo relacionado coa festa dos maios. E se hai alguén moi valente ,e con dotes para a construcción , que faga un maio en miniatura.

Tanto o material da manualidade , como o tema, é LIBRE , o que vos guste.

Esta actividade estaría dirixida a todo o alumnado ( Educación infantil e Primaria).

2ª Facemos coplas (recomendada para Primaria).

As coplas teñen unhas características : divídense en estrofas de catro versos, os versos riman os pares e quedan libres os impares , os versos teñen que ser de arte menor (  octosílabos nas coplas tradicionais pero o ideal son de seis sílabas para os maios . Na mensaxe enviada por abalar só nos referiamos as coplas tradicionais. Disculpade). Exemplo:

Ahí ven o maio

De flores cuberto

Puxéronse á porta

Cantándome os nenos.

Dos debuxos , manualidades ou minimaios enviades foto. Das coplas podedes enviar foto ou audio cantándoas ao correo: benchoprofes@gmail.com.

 

 

 

 

Moitas Grazas.

Equipo de Biblioteca.

#todosxuntospodemos

#mañádouunpaseopequeno

VÍDEOCONFERENCIA DÍA DO LIBRO

Ola familias!

Onte pasámolo moi ben vendo aos nenos e nenas. Estaban moi emocionados/as ensinando os seus libros favoritos , vendo aos amigos e amigas , os seus profesores/as... Para nós, tamén foi unha actividade especial.

O único que podemos facer é darvos as grazas por o voso apoio e por a vosa participación. MOITAS GRAZAS.

Deixamos unha entrada para ter unha pequena lembranza da actividade. 

Equipo de Biblioteca.

RECOMENDACIONS DOS PROFES. DÍA DO LIBRO.

Hoxe 23 de Abril os/as profes do Bencho queremos facer unhas recomendacións lectoras . Estos días fixemos moitas recomendacións para os/as nenos/as , así que hoxe imos facer unha mestura e recomendar tamen para os adultos da casa.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!

PASAPALABRA . DÍA DO LIBRO.

Ola!

Hoxe 23 de abril celébrase o Día do Libro. 

Disfrutade sa lecturas e deste rosco de pasapalabra. Espero que vos guste.

Unha aperta.

 

 

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.

Como conmemoración do día do libro tivemos a sorte de contar coa colaboración de Sabela Gago . Xa estivo  no centro noutras ocasións , pero nunca nos visitara online e nestes tempos de confinamento é un luxo que nos faga este agasallo. Grazas  Sabela!!!

23 ABRIL DÍA DO LIBRO

Ola familias!

Un ano mais o  23 de abril celébrase o Día do Libro . Desta vez atopámonos pechados nas casas pero non por eso imos deixar que os nosos amigos, os libros, permanezan pechados.

Supoño que os libros que tedes nas casas xa están requetelidos así que  lembro que na web Galicia Le , unha vez rexistrados,  podedes disfrutar da lectura on line. Tamén deixo enlaces a distintas páxinas de editoriais , audiocuentos , blogues ... onde podedes atopar libros e contos para todas as edades, sobre todo para os pequenos.

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1#PD_Antonio%20Rubio%20-%20Cocodrilo

https://issuu.com/grupoanayasa/stacks/6f96ef708f4c42e4af792116cf2fa164

https://www.youtube.com/watch?v=xMdrJknUCQA

https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/node/23813

https://youtu.be/c-eQCKYPM_c

(Para abrir os enlaces :selecciono enlace e pico co botón dereito, pico ir a url)

 

Grazas aos libros podemos vivir miles de aventuras, percorrer o mundo enteiro en fantásticas viaxes, xogar , rir , chorar... pero tamén podemos contar un conto empregando os libros que temos na casa desenvolvendo a nosa imaxinación e cretividade. Eso foi o que fixo a nosa profe Elena ( cunhas axudantes moi especiais) e que podedes ver no seguinte vídeo.

 

A-LU-CI-FLI-PAN-TE!!!!!!!!!! VERDADE????

Para celebrar este "día do libro en confinamento" invitamos a todo o alumnado a unha vídeoconferencia .

Qué fariamos? Cada alumno/a que participe na vídeoconferencia terá que facer unha ficha do seu libro preferido co título, nome do  autor/a, do ilustrador/a , unha pequena sipnose e recomendarllo a un amigo/a. A ficha do libro terá que estar xa preparada de antemán e na conferencia soamente se lerá.

Cando o fariamos? O xoves 23 de abril.  Como somos moitos, o horario será :

16:00- 16:20horas . se conectaría o alumnado de quinto e sexto.

16:30-16:50horas, se conectaría o alumnado de terceiro e cuarto.

17:00-17:20horas o alumnado de primeiro e segundo

17:30-17:50horas o alumnado de educación infantil

Cómo o facemos? Descargando a aplicación CISCO WEBEX MEETINGS . Unha vez aberta debaixo de UNIRSE Á REUNIÓN introducimos o número de reunión( * MOI IMPORTANTE: a información da reunión será mandada o propio día por ABALAR)

 

Resumindo:

1- Deixamos uns enlaces para lectura on line

2- Quen se atreve a facer un conto coas portadas dos libros que tendes nas casas como o da profe Elena? Esperamos os vídeos dos contos en benchoprofes@gmail.com escribindo no asunto CONTOS PORTADAS

3- O xoves faremos videoconferencias con todo o alumnado que queira participar. Comezaremos as catro e seguiremos o horario( aproximado) marcado anteriormente. Usaremos a aplicación CISCO WEBEX e a información da reunión mandarémola o propio día por ABALAR.

Xa remato...

Disfrutade das lecturas!!!

#euquedonacasa

#todosxuntospodemos

#todovaisairben

 

Equipo de Biblioteca

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

 

 

 

 

DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Bo día familias.

O día 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil , data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen, co obxectivo de promocionar a lectura entre os pequechos e pequechas.

A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 

 

Desde o equipo de biblioteca animamos a todos e todas a enviar RECOMENDACIÓNS LECTORAS dos vosos libros favoritos. Cómo o facemos ? Mandando un audio ao correo :benchoprofes@gmail.com coa palabra RADIO en ASUNTO.

Na recomendación indicade: título, autor, por qué vos gusta tanto e a idade recomendada. Esperamos impacientes.

Tamén deixamos un enlace a unha serie de contos que distintas editoriais e autores nos ofrecen gratuitamente para facer mais agradable este tempo de confinamento , moitas grazas .

https://drive.google.com/open?id=1UZy5BYBbzKyCdQXpT9D6kdqloZvM92DO

Desexamos que vos atopedes moi ben. Unha aperta.

#todovaisairben

#quédomenacasa

XIRA-CONTOS

Esta actividade iniciose no mes de febreiro e  está organizada polos Equipos de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio  en colaboración coa Biblioteca Pública do concello do Pereiro.

O funcionamento da actividade é moi sinxelo. 

Nalgúns locais do Pereiro colocáronse cestas con libros , cómics e contos para distintas edades  co gallo de achegar a posibilidade de disfrutar da lectura a toda a comunidade . A idea é que esas cestas cos libros "XIREN" cada certo tempo cara outros locais , por eso o nome da actividade.

Deixamos unhas imaxes dos XIRA-CONTOS.

A disfrutar das lecturas!!!

 

Distribuir contido