Benchobiblio

BENCHOCANTA

Fixemos entrega dos agasallos a todos os participantes da I Edición do Benchocanta. 

Noraboa a todos e todas!

Álbum: CURSO 23-24 -> BENCHOCANTA

CONCURSO BANNER

Bo día,

 O equipo TICs organizou un concurso para cambiar o banner da páxina web do colexio para o vindeiro curso.

Deixamos algunhas fotos dos deseños gañadores e dos/as premiados/as cos seus agasallos.

Estes son os deseños finalistas:

Álbum: CURSO 23-24 -> PREMIOS BANNER

DÍA DO LIBRO 2024

Bo día familias,

Para celebrar o Día Internacional do Libro fixemos unha morea de actividades de aula: marcapáxinas, concursos... pero a actividade raíña da semana do libro no Benchoshey, sen dúbida, é o APADRINAMENTO LECTOR!!!

O equipo de biblioteca preparou e coordinou esta actividade que  lle encantou ao alumnado!!!

Ó desfrutar dun día de sol as/os lectoras/es e os/as "afillados/as" buscaron recunchos moi chulos para a lectura.

Deixamos unha escolma de fotos.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DO LIBRO 24

2 DE ABRIL: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

 

Cando falamos de autismo falamos dun termo que dende a nosa óptica neurotípica cremos coñecer, pero cada día somos un pouco máis conscientes de todo o que nos queda por aprender. Esa coñecida frase de Sócrates “sólo sé que no sé nada” podería aplicarse a este campo do que estamos a falar.

 

Como escola temos ganas de aprender e de camiñar cara a tan ansiada inclusión. Temos moito que andar e moitos cambios que lograr, pero temos a esperanza de pouco a pouco facer deste espazo, un contexto amigable para todas as persoas neurodiverxentes.

 

Hoxe, con motivo deste día queremos aportar un pouco de luz dende unha nova óptica, a óptica autista, porque… quen mellor que os autistas para axudarnos a comprender este ámbito?

 

Resulta que levamos anos celebrando este día con símbolos erróneos, símbolos creados por neurotípicos, como é a cor azul, ou a peza de puzzle. 

 

A cor azul foi un símbolo creado por Autism Speak porque se cría que había máis nenos autistas que nenas, feito que escondía un sesgo machista de especialistas que atribuían as manifestacións das nenas a cuestións hormonais e emocionais.

 

A peza de quebracabezas asociase a un misterio que debe ser resolto, ou algo que non encaixa na nosa sociedade neurotípica.

 

Hoxe como mostra dun cambio de actitude que nos levará por mellores sendeiros, queremos reivindicar un símbolo que sí representa o día que se busca visibilizar: O símbolo do infinito, un símbolo creado por e para persoas autistas.

 

O infinito multicor:

O símbolo do infinito foi creado por Aspies for Freedon en 2005 como símbolo da neurodiversidade. Simboliza a diversidade dentro do Espectro Autista tanto pola forma de infinito como polas múltiples cores.

 

O infinito dourado: 

Escolleuse o dourado porque na táboa periódica “AU” é o símbolo do ouro e son as dúas primeiras letras de AUTISMO.

 

A cor vermella:

Esta cor oponse á cor azul e ao que esta cor simboliza. A empregan as persoas autistas de maneira reivindicativa para oporse a concepción social do autismo. Simboliza a idea de aceptar ás persoas autistas tal e como son e non buscar cambialas para facelas como as persoas neurotípicas.

 

DÍA DA ÁRBORE 2024

Bo día,

O pasado 22 de marzo , para celebrar o Dïa Internacional da Árbore, a rapazallada do Benchoshey saiu A Chaira para plantar árbores.

Traballaron moito e pasárono mellor aínda!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> DÍA DA ÁRBORE 2024

DÍA DO CÓMIC

Seguimos traballando O PDI: A banda desñada no Benchoshey e neste caso, a actividade foi unha exposición de cómics vintage para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO CÓMIC ( 11 DE MARZO).

Chegaron auténticas xoias...

BIBLIOTECA : TEMA DO MES

O equipo de biblioteca cada mes prepara unha exposición de libros segundo a temática de dito mes. En marzo, o Día da muller é o protagonista das nosas recomendacións lectoras.

 

PDI BANDA DESEÑADA

Como sabedes o Proxecto Documental Integrado sobre o que xiran todas as celebracións deste curso é A Banda Deseñada .

Cada clase ten o seu cómic preferido e o representan deste xeito ....Ollade!!!!

Álbum: CURSO 23-24 -> PDI : BANDA DESEÑADA
Distribuir contido