Benchobiblio

SUPERLECTORES DO MES DE NOVEMBRO

 (Prema na foto)

DESEÑOS SOBRE O 25N

Bo día !

 O día contra a violencia de xénero , o 25 de novembro, o alumnado de quinto de primaria participou nun obradoiro de deseño 3D . Entre todos os deseños presentados os nenos e as nenas dese curso escolleron os logos que máis lles gustaron. 

Agora a impresora 3D traballa duro para poder repartir entre todo o alumnado do colexio os distintos deseños seleccionados. Tamén se adxunta un código QR que nos leva ao blog da biblioteca onde poden curiosear as novidades lectoras e outros aspectos de interese.

Aquí deixamos uha mostra dos deseños gañadores e á clase de sexto A co seu agasaio.

Ata pronto.

Un saúdo!

NOVIDADES LECTORAS NA BIBLIOTECA

 Estas son as novidades que mercamos este trimestre para a biblioteca. Preme na imaxe para ampliar.

25N NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO 2020

Bo día.

O vindeiro mércores 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller

É un tema que traballamos nos colexios de forma transversal , desde todas as áreas , e de forma lonxitudinal , ao longo de todo o curso. A maiores, o 25 de novembro facemos máis fincapé no tema elaborando actividades e obradoiros. Por exemplo, coordinado polo equipo de convivencia e o equipo de biblioteca,  o alumnado de 4º,5º e 6º de educación primaria elaborou lemas e debuxos para berrar NON á violencia de xénero e os alumnos e as alumnas de 5º curso de primaria fixeron un obradoiro de deseños de logos en 3D ( serán un agasaio para o alumnado segundo se vaian imprimindo). Tamén hai unha exposición de libros sobre igualdade e , nas horas de ler, vemos vídeos sobre a igualdade nos deportes e na vida diaria e...aínda queda moito traballo por facer!!!

Nesta entrada deixamos unha foto da exposición de libros e os lemas e debuxos que fixo o alumnado de primaria (prema na foto) e non podía faltar un programa especial de Bencho-Radio sobre a igualdade(prema en Bencho-Radio)

Esperamos que vos guste.

Unha aperta.

 

 

 

LECTORES MES DE OUTUBRO

Parabéns!!! Parabéns!!! Moitos parabéns!!!

Comezamos esta entrada felicitando a todo o alumnado que visita a biblioteca , que disfruta da lectura , que descubre mundos máxicos sen sair da habitación...

Dun xeito especial felicitamos aos lectores e lectoras do mes , aos que mais libros "devoraron" , os primeiros gañadores das insignias de Bencho e ... mirade que orgullosos e orgullosas e , por suposto, guapos e guapas, recibiron os agasallos.

Xa sabedes bencholectores , esperamos as vosas visitas na biblioteca do cole e... FELICES LECTURAS!!!!

HAI SORPRESAS ESPERANDO PARA TODXS!!!

EXIPTO

A ORIXE CELTA DO SAMHAIN.

Benchosaúdos.

O venres celebramos no centro o SAMAÍN , dun xeito distinto a outras veces  , xa sabedes... 

O alumnado fixo  actividades de todo tipo e resultou un día diferente con moito traballo e  moita diversión tamén.

Nesta entrada deixamos un vídeo no que os nenos e nenas  de segundo de primaria nos contan a orixe celta da festa do Samaín. 

A disfrutar!!!

TRABALLOS DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola amigos e amigas.

O venres 23 de outubro fixemos diferentes actividades para celebrar o día das bibliotecas. Coñecemos a biblioteca de Alexandría e o alumnado de segundo de primaria fixo uns marcapáxinas preciosos. Mirade:

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Ola Bencholectores.

O 24 de outubro celébrase o día Internacional das Bibliotecas e a biblioteca do cole ten preparadas varias actividades que comezarán o venres 23 de outubro e continuaremos na vindeira semana.

 Algunhas das tarefas propostas son: 

- na hora de ler deste venres 23 coñeceremos mellor unha das bibliotecas mais prestixiosas do mundo, a biblioteca de Alexandría.

- despois de ver o documental sobre dita biblioteca faremos marcapáxinas sobre a temática do PDI deste curso , As Antigas Civilizacións, así como da propia biblioteca de Alexandría.

- na entrada do cole temos unha impresionante exposición de libros sobre as civilizacións. IDE MIRANDO QUE LIBRO QUEREDES QUE O EMPRÉSTITO VAI A MIL POR HORA...

- na parede principal da entrada podemos observar un mapamundi no que ao longo do curso imos descubrir moitos segredos dos viquingos, maias, celtas...

Xa vedes que empezamos a tope...

Ollo que desde este 24 de outubro comeza a carreira por ser O SUPER LECTOR/A DO MES e gañar distintos premios. 

Aquí deixo un resumo nunha imaxe interactiva.

Vémonos na biblio.

Moitas grazas.

 

BIBLIOBENCHO PREPARADA PARA UN NOVO CURSO

Olaaaaa 

Xa estamos de volta nun novo curso e a biblioteca de BENCHO está preparada para desenvolver todo tipo de actividades. 

Empezamos con forza e moitas gañas para seguir descubrindo novas lecturas, novos aprendizaxes e unha chea de aventuras...

Aventuras!!!???? Escoitei aventuras!!!???

De AVENTURAS este curso imos sobrados pois o Proxecto Documental Integrado (PDI) que dirixe a biblioteca leva por título.... AS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS.


Viquingos, celtas, maias, romanos, exipcios... este ano imos descubrir moitas cousas destes pobos e vivir moitas aventuras.

Deixovos co cartaz do PDI pero de seguida estamos de volta porque xa a vindeira semana temos moitas sorpresaaassss.

Abur.

Distribuir contido