CELEBRACIÓNS MAIOS 2020

Estimadas familias:

Achégase o mes de maio e con el a festa dos Maios. O equipo de biblioteca propón dúas actividades VOLUNTARIAS.

1ª. Facemos un maio.

Encantaríanos recibir fotos dunha manualidade ou debuxo relacionado coa festa dos maios. E se hai alguén moi valente ,e con dotes para a construcción , que faga un maio en miniatura.

Tanto o material da manualidade , como o tema, é LIBRE , o que vos guste.

Esta actividade estaría dirixida a todo o alumnado ( Educación infantil e Primaria).

2ª Facemos coplas (recomendada para Primaria).

As coplas teñen unhas características : divídense en estrofas de catro versos, os versos riman os pares e quedan libres os impares , os versos teñen que ser de arte menor (  octosílabos nas coplas tradicionais pero o ideal son de seis sílabas para os maios . Na mensaxe enviada por abalar só nos referiamos as coplas tradicionais. Disculpade). Exemplo:

Ahí ven o maio

De flores cuberto

Puxéronse á porta

Cantándome os nenos.

Dos debuxos , manualidades ou minimaios enviades foto. Das coplas podedes enviar foto ou audio cantándoas ao correo: benchoprofes@gmail.com.

 

 

 

 

Moitas Grazas.

Equipo de Biblioteca.

#todosxuntospodemos

#mañádouunpaseopequeno