Skip to Content

Actividades curso 2014/2015

A que anda o Trasno Trouleiro?

 

Como ben sabedes, este ano segundo os desexos do noso Trasno Trouleiro, andamos a buscar e a ler contos e lendas sobre animais...

Os nenos e nenas de Infantil xa traballaron coa "Carapuchiña vermella" e elaboraron un precioso mural sobre o conto "A que sabe a Lúa?"... Agora seica andan a preparar unha representación dun dos seus contos preferidos, "O Coelliño Branco"... como nos tarda velo!

Ademais, xa andan pensando no seu vindeiro traballo, facer unha ratiña con coadores... de que conto sacarían isto?

   

 

Os rapaces e rapazas de Primaria, tamén andan argallando algunha manualidade cos animais dos contos que estiveron lendo... pero ata o de agora, é máximo segredo!

 

 

Día de Rosalía 24.02.2015

 

Toca conmemorar o nacemento da nosa grande autora Rosalía...

Ademáis de coñecer máis cousas sobre ela, nesta ocasión centrámonos en ler e preparar algúns dos seus poemas (orixinais e versións) máis relevantes.

 

 

 

Nadal 2014

 

Chegou o Nadal!! E como non podía ser doutra maneira, no cole celebrámolo como se merece...

Como cada ano, fixemos un concurso de Postais de Nadal, que nesta ocasión gañou Pablo... Parabéns!! Aqui tendes ao gañador e a postal que utilizamos para felicitar as festas a todos os nosos coñecid@s.

 

 

Ademais fixemos un Festival de Nadal memorable no que cantamos, bailamos e actuamos como verdadeiros artistas!! E aínda que non o creades, contamos coa inestimable visita dos Reis Magos de Oriente, que ademais de agasallarnos coa súa presenza e recoller as cartas que lles escribimos con tanto agarimo, nos deixaron un agasallos riquísimos! Botade unha ollada...

 

 

 

 

 

E por suposto, moitísimas grazas a eses dous presentadores que conduciron o evento... fixéstelo de maravilla!

 

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!

 

 

Títeres feitos con materiais de refugallo (04.11.2014)

 

Recordades que hai uns días tivemos un taller para aprender construir títeres con material de refugallo?

Xa que nos saíron cousas tan xeitosiñas decidimos expoñelos e que todo o mundo poidera velos...

Distribuir contido


by Dr. Radut