Skip to Content

Actividades curso 2014/2015

Lectómetros

 

Os nosos lectómetros seguen en marcha... recordade, premio asegurado para o que máis lea!!

Árbores lectoras

 

Como se nota que xa estamos na primavera... as nosas árbores estanse enchendo de folliñas, cada día sae algunha nova... E cada unha delas porque limos un novo libro!

 

 

Mochilas viaxeiras

 

As mochilas viaxeiras xa van pola súa segunda volta... están sendo un éxito rotundo!!

A que anda o Trasno Trouleiro?

 

Como ben sabedes, este ano segundo os desexos do noso Trasno Trouleiro, andamos a buscar e a ler contos e lendas sobre animais...

Os nenos e nenas de Infantil xa traballaron coa "Carapuchiña vermella" e elaboraron un precioso mural sobre o conto "A que sabe a Lúa?"... Agora seica andan a preparar unha representación dun dos seus contos preferidos, "O Coelliño Branco"... como nos tarda velo!

Ademais, xa andan pensando no seu vindeiro traballo, facer unha ratiña con coadores... de que conto sacarían isto?

   

 

Os rapaces e rapazas de Primaria, tamén andan argallando algunha manualidade cos animais dos contos que estiveron lendo... pero ata o de agora, é máximo segredo!

 

 

Día de Rosalía 24.02.2015

 

Toca conmemorar o nacemento da nosa grande autora Rosalía...

Ademáis de coñecer máis cousas sobre ela, nesta ocasión centrámonos en ler e preparar algúns dos seus poemas (orixinais e versións) máis relevantes.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut