Skip to Content

Actividades curso 2014/2015

E o encargo do Trasno Trouleiro quedou así... (maio 2015)

 

Bueno, pois xa temos listo o traballiño que nos encargo o Trasno Trouleiro.

Cada clase traballou algún conto con animais como protagonistas (bueno, algúns máis de un) e logo fixeron unha manualidade sobre él.

Ollade o resultado!

 

 

Os pequenos e pequenas de Infantil traballaron cos contos de "A que sabe a Lúa?" e "A Ratiña Fachendosa"

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º coñeceron o conto de "A galiña dos ovos de ouro" e os nen@s de 3º e 4º o de "Gerónimo Stilton"

Os nenos de 5º e 6º andiveron "Buscando a Nemo" e se ve que o atoparon...

 

QUEDOU BEN, EH?

 

A Ratiña Fachendosa (maio 2015)

 

Os nenos e nenas de Infantil, tal e como nos dixo o Trasno Trouleiro, seguimos a traballar con contos.

Nesta ocasión tocounos A Ratiña Fachendosa, que estamos a facer con coadores.

A próxima semana faremos a exposición das nosas manualidades... estade atent@s!!

 

 

 

Árbores lectoras (maio 2015)

 

As nosas arboriñas lectoras, co bo tempo que está, non paran de botar novas follas e flores... recordades que cada unha delas é un libro que limos?

 

Contos gañadores do XV Concurso de Contos de Cerdido (23.04.2015)

  

Aquí tendes os relatos gañadores do XV Concurso de Contos de Cerdido.

Agardamos que vos gusten!

 

O conto dos nenos e nenas de Infantil

 

 

 

 

 

 

TIAGO EN CERDIDO.

Un neno chamado Tiago acaba de chegar a Cerdido.

Viña de Caranza.

A primeira noite que se deitou soñou que as nubes eran negras. Había unha gran tormenta porque os nenos comeran o Sol, que era de galleta e vainilla.

Vamos ao cole, dixeron os seus papás, todo era un soño.

Era un cole grande, de cores, con pistas de fútbol e areeiro. Un cole para comelo.

Esa noite Tiago non soñou, estaba contento e tiña novos amigos.

 

 

 

O conto de Anxo, de 1º

 

 

Os michiños son suaves e gustan de que os acariñen. MIAU!MIAU!

Os michiños son curiosos e moi xoguetóns.

RRR! RRR!

Os michiños gustan de beber leite e lamben a cunca.

UMM! UMM!

Os michiños teñen bigotes e unllas afiadas.

RAS! RAS!

Os michiños adoran durmir na súa mantiña.

BOA NOITE!

 

 

O conto de Saray, de 1º


 

UN COLEXIO QUE ARDE

Érase unha vez un pobo chamado A Barqueira que tiña un colexio ao que ían todos os nenos. Un día no colexio ardeu o comedor, non poideron comer no comedor, cada neno tivo que ir comer á súa casa.

O venres os nenos chegaron ao colexio e o comedor estaba listo, pintado con cores e debuxos novos.

Todos estiveron felices.

FIN

 

O conto de Lorena, de 2º

 

UN BO CORAZÓN.

Había unha vez unha nena que non tiña moito pero ela cría que sí.

Todos os días paseaba polo bosque e alí había unha casa na que vivían uns nenos que dicían que ela non tiña nada. Un día veu unha anciana que lle dixo:

- Non fagas caso a eses nenos, eles non teñen corazón e ti si.

Ao día seguinte cando entrou una casa dos nenos díxolles que non pasaba nada por non ter moitas cousas e os nenos pedíronlle perdón. Despois eran moi bos amigos.

Colorín colorado, este conto está acabado.

 

O conto de Irene, de 3º

 

NATALIA E OS GNOMOS.

Ao parque do Castro de Cerdido, ía xogar unha nena que se chamaba Natalia. Natalia tamén vivía en Cerdido.

Un día foi de merenda ao Castro cos seus pais e mentres os seus pais estaban tomando o café, ela foi ao parque. Cando baixaba polo tobogán pareceulle oír chorar a alguén e ao mirar debaixo, atopou dous gnomos chorando. Os gnomos contáronlle que saíran dun conto que trouxera un rapaz que vivía preto da fraga dos Casás e que se chamaba Brais.

Natalia levounos á súa casa, pois ao fin de semana seguinte ía ir a unha romaría. Levou os gnomos no peto do vestido e buscou a Brais, pois os gnomos dixéronlle como era.  Ela buscou e buscou e atopouno debaixo dunha árbore lendo un libro. Natalia díxolle quen era e o que quería e entre os dous conseguiron que os gnomos volvesen ao libro do que saíron. E dende aquel día, Natalia e Brais son amigos e gardan un segredo… a existencia dos gnomos!

Pero iso cóntovolo outro día.

 

O conto de Noemie, de 4º

O ZOQUEIRO DA BARQUEIRA.

O zoqueiro da Barqueira que era coñecido polo nome de “O Lamelo”, era o meu avó.

Empezou a traballar dende moi novo para unha familia da Barqueira.

Os cartos que ía gañando íaos aforrando ata que xuntou para comprar un saco de zocas. Con ese primeiro saco foi a vender ás feiras. Os cartos que gañou invertiunos en comprar material para empezar a facer as súas propias zocas. E así foi como comezou meu avó nas feiras e pouco a pouco empezou a ser moi coñecido por Ortigueira, Cariño, Moeche, Cedeira, A Barqueira, etc. Por todos os sitios que preguntaban coñecían ao Lamelo porque era unha persoa moi agradable á que lle gustaba moito falar coa xente e ir ás feiras, traballo ao que se adicou ata o seu último día de vida.

Esta é a historia do meu avó e aínda que eu non me lembro del, todo o mundo me fala moi ben del.

 

O conto de Cristina, de 5º

 

AZUL E AZULITA

O pasado verán estaba en Cedeira, fun a unha tenda de animais, vin un periquito que me encantou e decicín mercalo. Chameino Aul e para que non se sentirá só pensei “haille que traer unha parella” e entón merquei a Azulita os cales son dous periquitos, como é lóxico, de cor azul.

Viven nunha gaiola grande con niño e bañeira, con dous columpios, casca de xiba e comedeiros con alpiste.

De alí a cinco meses, un xoves, houbo unha novidade “Que había no niño?”  “Un ovo!!!” Poñían días alternos e chegaron a poner aa cinco en total

A partir deses intres Azulita estivo incubando e só saía para comer. Aos 18 días naceu o primeiro periquito e ao terceiro día naceu o segundo, pero os outros tres non saían. Máis adiante e co tempo, íanse facendo máis grandes coa axuda dos seus pais, que lles daban a papa con auga na boca.

Aos vinte días saíron do niño pero a miña sorpresa foi que a súa nai queríaos matar e agora case non se diferencian.

 

 

O conto de Pablo, de 6º

 

A AGUIA DE CERDIDO

Había unha vez unha aguia que se chamaba Petra, era pequeña e vivía nun niño en Cerdido. Un día Petra preguntoulle á súa nai que había noutros países, as súas culturas e os seus costumes, a nai díxolle que non o sabía porque nunca saíra de Cerdido. Ao chegar a noite, Petra deixoulle unha nota á súa nai que dicía: “Mamá, voume explorar o mundo, tranquila que estarei ben”: A nai levou unha alegría porque ninguén da súa familia saíra nunca de Galicia.

Primeiro Petra foi a Exipto, encontrouse cun camelo que se chamaba Mussa e acompañouno a visitar a tumba de Tutankamon máis as pirámides. Ao final do día Petra pediulle a Mussa que a acompañara a explorar nundo, Mussa aceptou. Despois foron a Xapón, alí atopáronse con Hiroki, un oso pardo que vivía nun estado de Xapón, Hokkaido. Hiroki díxolle a Mussa e a Petra que facían por Xapón. Petra díxolle que ela máis Mussa ían explorar polo mundo. Hiroki levou a Petra e a Mussa a aprender a cultura xaponesa e pasárono moi ben xogando coa tinta. Ao atardecer a Mussa ocorréuselle que Hiroki viñera con eles e él dixo que sí.

Por último foron a Brasil e alí coñeceron a Iyara, unha anaconda que bailaba samba. Iyara levou aos seus amigos ao seu ximnasio, onde ela bailaba capoeira e ensinoulles a bailala. Ao final foron todos a unha festa bailar samba.

Cando volveron a Cerdido Petra pediulles a Hiroki, Mussa máis Iyara que se quedaran a vivir en Cerdido. Eles aceptaron cunha condición, ser sempre amigos.

 

 

PARABÉNS A TODOS OS GAÑADORES E GAÑADORAS!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut