Como podedes recordar, o curso pasado os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, presentaron un proxecto audiovisual ao certame "Imaxina Cantares", convocado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia co gallo da conmemoración do 150º Aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
Ben, pois resulta que obtiveron unha mención de honra polo traballo realizado e o pasado mércores invitáronnos a Padrón, á Fundación Rosalía de Castro, a recoller o noso agasallo.
Fixemos unha longa viaxe, pero pasámolo xenial e sentímonos moi orgullosos do noso "Has de Cantar", que podedes ver aquí.