Skip to Content

Títeres feitos con materiais de refugallo (04.11.2014)

 

Recordades que hai uns días tivemos un taller para aprender construir títeres con material de refugallo?

Xa que nos saíron cousas tan xeitosiñas decidimos expoñelos e que todo o mundo poidera velos...

Samaín e Magosto (30.10.2014)

 

Se pasastes polo cole últimamente seguro que o notastes algo cambiado... claro! vestímolo de negro, decorámolo con morcegos, arañas, bruxas, pantasmas, cabazas, castañas... Vos preguntaredes porqué... Pois porque é tempo de celebrar o Samaín e o Magosto e xa sabedes que nos gustan moito os festexos! Mirade ata que punto que incluso a biblioteca se convertiu nunha verdadeira cova do terror na que puidemos ler libros de medo!! (bueno, soamente os e as máis valentes)

   

 

Pois o conto é que non paramos en todo o día... monstros, bruxas, esqueletos e vampiros en todos os recunchos!! Non vexades que fame de traían... Quen ía pensar que a estas terroríficas criaturas lles gustaran tanto as castañas!!

   

Xa coa barriguiña chea, os nosos pequenos monstros que participaron no multitudinario concurso de tallado de cabazas, por fin descubriron aos gañadores e gañadoras!! Todos foron agasallados cun diploma e unha pequena cabaza comestible, pero non podemos deixar de mencionar aos gañadores absolutos deste concurso... Parabéns Iago, Víctor e Irene!!

   

Pero... podedes crer que aínda tiñan fame!!?? Pois si! Non nos quedou máis remedio que ir xantar o esperadísimo menú terrorífico. Aquí vos deixo unha pequena mostra, advertíndovos de que só era válido para estómagos a proba de booooomba!

   

E xa para rematar o día fomos un pouco ao pavillón. Cuns monitores de excepción, xogamos a carreiras de sacos, ao pantasma cego, a andar en zancos... un cansazo que non vos podedes nin imaxinar!

 

 

 

 

Día das Bibliotecas Escolares (24.10.2014)

 

O venres, co gallo do Día das Bibliotecas Escolares, tivemos un día do máis axetreado...

Primeiro, o Trasno Trouleiro agasallounos cun marcapáxinas moi útil, para que xamais nos perdamos no libro que estamos lendo.

E logo, o noso amigo Luís da compañía  "A Xanela do Maxín", acompañounos ao longo de case toda a mañá para cantarnos, facernos un espectáculo con títeres e por último ensinarnos a fabricar os nosos propios títeres a partires dos materias de refugallo que nas nosas casas tiramos directamente ao lixo sen darlles maior importancia.

Aquí vos deixo unha mostra do que fixemos...

 

  

 

 

 

 

 

 

 

Letras Galegas (16.05.2014)

 

Como ben sabedes o 17 de Maio é o Día adicado ás nosas letras, aos escritores e escritoras galeg@s.

Este ano, o homenaxeado foi Xosé María Díaz Castro, poeta nado no municipio de Guitiriz.

No cole, aprendimos moitas cousas sobre él e ademais, fixemos unha versión propia deste autor, dividíndoo en catro partes... a que quedou ben?

Ademais tivemos unha visita xenial, o Teatro dos Ghazafelhos xunto con María Canosa, que nos presentaron un sinfín de habitantes dos mares galegos, versionando o libro de poesía "Acuario", escrito pola propia María Canosa.

Coñecimos á solla, ao polbo, ás sardiñas, á xarda, á lura, á agulla, á faneca, á meiga, ao congro... e fartamos a rir con cada un deles!

   

Tamén o Concello formou parte deste festexo, e agasallou a todos os pequenos e pequenas do cole cun libro, como non podía ser doutra maneira, escrito en GALEGO.

 

Feliz Día das Letras Galegas!!!!

 

 

Listaxe definitiva de admitidos/as no CEIP da Barqueira para o curso 2014/15

 

Todo o alumnado que presentou solicitude no CEIP da Barqueira para o vindeiro curso resultou admitido. Aquí podedes consultar a listaxe definitiva:

4º de Educación Infantil

  • Mateus dos Santos, Miguel
  • Pérez Rodríguez, Nicolás
  • Ramos Teijeiro, Ainhoa
  • Cebreiro Pazos, Uxía
  • Díaz Hermida, Gisela
  • Ferreira Hermida, Sheila
  • González Sedes, Andrés
  • Hermida López, Carla
  • Hermida López, Noelia

 

5º de Educación Infantil

  • Mendez Solano, Miguel
  • Mourente Figueiras, Enma 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut