Skip to Content

Axudas para material escolar 2015/2016

Acaba de se publicar a orde do 25 de Agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 (clica aquí para vela)

Está destinada ao alumnado de educación primaria cunha renda per cápita igual ou inferior a 5400 €, no exercicio 2013.

O procedemento é moi similar ao das axudas para a adquisición de libros de texto, polo que hai que cubrir un impreso (que podedes recoller no centro ou descargar na ligazón á orde que está máis arriba) co que se xerará un vale de 50 que poderedes canxear nas librerías únicamente por material escolar: libretas, cores, diccionarios, bolígrafos, carpetas...

O prazo de solicitude é dende o 2 de Setembro até o 1 de Outubro.

Documentación necesaria:

  • Copia do libro de familia (sempre).
  • Copia dos DNI de todos os membros computables da familia (soamente se non se autoriza a comprobación de datos).
  • Renda do exercicio 2013 (a de ambros proxenitores de ser o caso e soamente se non se autoriza a consulta de datos tributarios).
  • Acreditación de discapacidade do 33% ou superior de ser o caso (calquera membro da familia).
  • Acreditación de violencia de xénero se se dá esa circunstancia.

Prégase que difundades esta información entre aquelas persoas que poidan estar interesadas en facer a solicitude. Aos que non se acheguen polo centro antes do comezo das clases, enviaráselles a información a través dos alumnos/as.

Libros e Material Escolar de Educación Infantil 2015/2016

 

Recordarvos que o alumnado de Infantil non debe mercar ningún libro de texto nin material escolar ata setembro.

Ao incorporarse a mestra destes cursos poñerémonos en contacto con vós para indicarvos o que precisades.

Desfrutade do verán! Xa queda menos para vernos!!

Libros de Texto 2015/2016

 

Por fin temos a listaxe de libros para o vindeiro curso 2015/2016.

Recordade que o alumnado de 3º e 5º de Primaria non terá que comprar libros xa que o centro llos proporcionará.

Iso si, hai que coidalos moito porque ao rematar o curso deberedes devolvérnolos.

Podedes descargar a listaxe en formato .pdf clicando AQUÍ

Tamén podedes pasar polo centro a recoller unha copia ou indicarnos unha dirección de email á que enviala.

 

Recordarvos ademais, que se debe mercar o libro de Relixión ou o de Valores Sociais e Cívicos, en ningún caso os dous, dependendo de cal destas dúas áreas teñades escollido nas vosas matrículas.

 

 

 

Excursión Ortigueira (12.06.2015)

 

O pasado venres fomos de excursión a Ortigueira.

Estivemos na biblioteca, no museo, no teatro, no muíño da Torre e ata no parque de auga!!

Pasámolo xenial!!

 

 

 

 

 

E o encargo do Trasno Trouleiro quedou así... (maio 2015)

 

Bueno, pois xa temos listo o traballiño que nos encargo o Trasno Trouleiro.

Cada clase traballou algún conto con animais como protagonistas (bueno, algúns máis de un) e logo fixeron unha manualidade sobre él.

Ollade o resultado!

 

 

Os pequenos e pequenas de Infantil traballaron cos contos de "A que sabe a Lúa?" e "A Ratiña Fachendosa"

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º coñeceron o conto de "A galiña dos ovos de ouro" e os nen@s de 3º e 4º o de "Gerónimo Stilton"

Os nenos de 5º e 6º andiveron "Buscando a Nemo" e se ve que o atoparon...

 

QUEDOU BEN, EH?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut