Skip to Content

ComuniKT

Traballo multinivel. Aulas mixtas de 1º, 2º e 3º

As aulas mixtas é unha proposta de traballo que ofrecemos dende o centro grazas a que facilita unha dinámica inclusiva atendendo ás diferencias de cada alumno e alumna.

O deseño de actividades multinivel é unha das estratexias que mellor inclúen a todo o alumnado na actividade diaria de clase, sexa cal sexa o nivel de habilidades que presenten.

Resumo semanal Bitácoras (semana 9-13 outubro)

Ola familias, seguimos!
As bitácoras non paran, estamos subindo contidos, cada curso ao seu ritmo. Non vos esquezades de pasar a visitalas.
Resulta entretido visitar tódalas bitácoras e ver o que se fai en cada curso.
Neste trimestre verás moitas cousas relacionadas co coñecemento do noso corpo, xa que estamos a traballar “O Corpo e a identidade” dentro das nosas ABP.
En 3º e 4º xa empezaron tamén con MeteoBarouta. Estade atentas e atentos que en breve haberá novidades sobre isto.

PFPP 2023-2024: faladoiros pedagóxicos dialóxicos.

Arrancamos en breve co noso PFPP (Plan de Formación do Profesorado en Centros)

Este curso imos traballar a través de faladoiros pedagóxicos dialóxicos. Esta opción vainos permitir reflexionar e debater sobre a temática elixida e a raíz destes encontros ir deseñando unha estratexia específica de formación baseada no consenso. Neste tipo de formación lense libros relevantes e fálase e debátese sobre o texto lido.

A construción colectiva do coñecemento baséase sempre no diálogo igualitario.

Visita Susana Sánchez Aríns

Hoxe contamos coa visita de Susana Sánchez Aríns, que estivo charlando con 5º e 6º sobre as noticias na prensa.

Susana é escritota e mestra, pero o que máis lle gusta é traballar cos titulares da prensa e ver como se recollen as novas.
Xa sabemos que a mesma noticia trátase de diferente maneira segundo no medio que se recolla, e nós como lectoras e lectores temos que ter unha actitude crítica ante o que lemos.

Empezamos coas 4R en Barouta.

Familias! Precisamos da vosa colaboración.

Dende a comisión do entorno e horto escolar estamos plenamente comprometidas e comprometidos co coidado do medio que nos rodea. Así que vamos a traballar nas 4R:

  • Reducir
  • Reutilizar
  • Recuperar
  • Reciclar

Resumo semanal Bitácoras (semana 2-6 outubro)

Benqueridas familias.

Convidámosvos a que olledes as bitácoras do colexio. Estamos publicando contidos interesantes e veredes algunhas das cousas que traballamos nos diferentes niveis.

  • En Infantil o novo alumnado xa se está adaptando as novas dinámicas e espazos.
  • En 1º non todo son matemáticas, tamén celebramos aniversarios.
  • En 2º contar cara adiante e cara atrás é sinxelo, mesmo de dous en dous.
  • En 3º estamos rexistrando o tempo e traballando a percepción do noso corpo, e como os alimentos inflúen no noso benestar.
  • En 4º traballamos coas regletas diferentes aspectos das matemáticas.
  • En 5º dividimos e repartimos coas regletas.
  • En 6º falamos dunha dinámica que fixemos e amosamos o noso primeiro contacto coas regletas este curso e… queremos máis!

En 5º e 6º, ademáis están desenvolvendo un proxecto relacionado cos seres mitolóxicos galegos. Podedes ver esta información aqui.

 Acceder ás bitácoras.

Proxecto. O medo a través da mitoloxía galega.

Este xoves empezan a traballar no obradoiro de Polos Creativos o alumnado de terceiro ciclo como parte do proxecto "O medo a través da mitoloxía galega".

As e os artistas van a expresarse a través da pintura e da modelaxe.

Todo preparado.

Visita de estudos do proxecto Erasmus+ "Inc-leisure"

Visita de estudos do proxecto Erasmus+ "Inc-leisure" ao patio e instalacións do Ceip de Barouta.

Associação Grao Vasco de Viseu- Portugal, OURC Dr Zlatan Sremec, de Skopje-rep. Macedonia do Norte, Asociacion Babilon de Alacant e AMICOS. Para nós foi un pracer ensinar as instalacións e compartir experiencias relacionadas con outros centros.

 

Novidades cooperativa BaPri.

Os nenos e nenas de 5º estamos fecendo unha cooperativa para doar diñeiro a ASONG, que axuda a nenos e nenas con cancro. Vamos a gañar cartos vendendo produtos feitos por nós.

Tendes toda a información na nosa páxina web: i.gal/bapri

Tamén queremos ensinarvos o noso video:

Redactora: Ángela Traba Santiago

A capilaridade das plantas - experimento 3º de primaria.

O alumnado de 3º quere compartir con vós este traballo que fixeron:

O alumnado de terceiro estivemos a traballar as plantas, e fixemos un experimento sobre a capilaridade con diferentes colorantes de cores que lle botamos á auga do apio, pero só funcionou co vermello. Aquí podedes ver unhas fotos do noso experimento.

Redactora: Ángela Traba Santiago

Distribuir contido


by Dr. Radut