Traballo multinivel. Aulas mixtas de 1º, 2º e 3º
As aulas mixtas é unha proposta de traballo que ofrecemos dende o centro grazas a que facilita unha dinámica inclusiva atendendo ás diferencias de cada alumno e alumna.
O deseño de actividades multinivel é unha das estratexias que mellor inclúen a todo o alumnado na actividade diaria de clase, sexa cal sexa o nivel de habilidades que presenten.
O ensino multinivel é un concepto acuñado por Schulz e Turnbull que se fundamenta no Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA).
A instrucción multinivel é un modo de ensinar no que prima que teñamos unha única lección por clase (aínda que sexan heteroxéneas), pero que esa lección se axuste previamente aos distintos niveis de aprendizaxe (Schulz e Turnbull, 1984).
Xa podedes ver o traballo feito nas bitácoras de 1º, 2º e 3º.
Referencias: Imaxe orixinal adaptada por ceipdebarouta.gal extraída da ponencia "Garantizar una educación inclusiva y equitativa de calidad y promover oportunidades de aprendizaje permanente para todos."
- APIs de Blogue
- 152 lecturas