Skip to Content

Empezamos coas 4R en Barouta.

Familias! Precisamos da vosa colaboración.

Dende a comisión do entorno e horto escolar estamos plenamente comprometidas e comprometidos co coidado do medio que nos rodea. Así que vamos a traballar nas 4R:

  • Reducir
  • Reutilizar
  • Recuperar
  • Reciclar

Pedímosvos que dende as casas empecemos xa a traballar na primeira R: Reducir. Tratade de usar poucos envases e envoltorios. É un primeiro paso importantísimo.

Nós, dende o colexio xa temos preparadas moitas actividades e proxectos para traballar nesas 4 R tan importantes. Entre todas e todos, colaborando dende as familias e dende o centro, conseguiremos fomentar hábitos para reducir a contaminación e ter un medio ambiente máis limpo.



page | by Dr. Radut