Skip to Content

Complementarias

Visita Susana Sánchez Aríns

Hoxe contamos coa visita de Susana Sánchez Aríns, que estivo charlando con 5º e 6º sobre as noticias na prensa.

Susana é escritota e mestra, pero o que máis lle gusta é traballar cos titulares da prensa e ver como se recollen as novas.
Xa sabemos que a mesma noticia trátase de diferente maneira segundo no medio que se recolla, e nós como lectoras e lectores temos que ter unha actitude crítica ante o que lemos.

Empezamos coas 4R en Barouta.

Familias! Precisamos da vosa colaboración.

Dende a comisión do entorno e horto escolar estamos plenamente comprometidas e comprometidos co coidado do medio que nos rodea. Así que vamos a traballar nas 4R:

  • Reducir
  • Reutilizar
  • Recuperar
  • Reciclar

O CEIP DE BAROUTA está a colaborar na campaña de sensibilización MODO GALEGO. ACTÍVAO!

Xunto coa Real Academia Galega RAG e o Concello de Ames. Aquí tedes toda a información:
http://modogalego.academia.gal/

Esta campaña desenvolverase desde o 27 de febreiro ao 19 marzo, tempo no que participaremos nas actividades que nos propón a RAG cada semana.

AS CRIANZAS XA ESTÁN ACTIVADAS. AGORA TÓCAVOS A VÓS!

Botade unha ollada a todo o que estamos facendo (vaise actualizando con novos traballos).

RECURSOS MODO GALEGO.ACTÍVAO!
https://drive.google.com/drive/folders/1TjJYhVstkvGxCoPSqlm94rMU8oo_JG0P?usp=share_link

Distribuir contido


by Dr. Radut