Visita Susana Sánchez Aríns
Hoxe contamos coa visita de Susana Sánchez Aríns, que estivo charlando con 5º e 6º sobre as noticias na prensa.
Susana é escritota e mestra, pero o que máis lle gusta é traballar cos titulares da prensa e ver como se recollen as novas.
Xa sabemos que a mesma noticia trátase de diferente maneira segundo no medio que se recolla, e nós como lectoras e lectores temos que ter unha actitude crítica ante o que lemos.
Despois dunha exposición xeral a cada grupo, centrámonos nunha tarefa conxunta os dous grupos para traballar titulares sobre a violencia de xénero, como anticipo ás diferentes actividades do 25N.
Traballamos a competencia lingüística que na LOMLOE recóllese como:
"A competencia en comunicación lingüística supón interactuar de forma oral, escrita, signada ou multimodal de maneira coherente e adecuada en diferentes ámbitos e contextos e con diferentes propósitos comunicativos. Implica mobilizar, de maneira consciente, o conxunto de coñecementos, destrezas e actitudes que permiten comprender, interpretar e valorar criticamente mensaxes orais, escritas, signadas ou multimodais evitando os riscos de manipulación e desinformación, así como comunicarse eficazmente con outras persoas de maneira cooperativa, creativa, ética e respectuosa."
Foi unha mañá moi produtiva e agora seguimos "ao pé da noticia".
- APIs de Blogue
- 106 lecturas