Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

DECORACIÓN DE NADAL

DECORACIÓN DE NADAL NO COLE

Durante o mes de decembro cada aula elaborou figuras en plastilina para a elaboración do Belén. Tamén se decoraron os distintos corchos de cada pasillo con motivos alusivos.

A continuación poden ver unha galeria de imaxes dos traballos realizados.

le="width:426px;text-align:left;">

OS REIS NO COLE

OS REIS MAGOS COS SEUS PAXES

O día 19 de decembro do 2008 ao longo da mañá os nenos e nenas do colexio  "Nosa Señora dos Remedios" recibiron a visita das  súas maxestades os Reis Magos, acompañados dos seus respectivos paxes. Este ano coa colaboración da Anpa.

Cada aula acompañados polo mestre ou mestra correspondente acompañaron aos seus alumnos/ alumnas á Biblioteca para levar as cartas aos Reis, alí as súas maaxestades tiñan un agasallo para a aula en Primaria e un para cada neno/nena en Infantil.

Ademais as súas maxestades tamén entregaron un libro-agasallo para os gañadores/as do concurso de postais.

A continuación poden ver unha galeria de fotos de cada aula.

le="width:426px;text-align:left;">

RADIO FALADORA 11

Para escoitar as narracións do programa número 11 de Radio Faladora, emitido no colexio o 17 de decembro de 2008, pincha no seguinte enlace http://www.box.net/shared/883lo0d0y5

IMAXES DE INGLÉS: PRIMEIRO TRIMESTRE

Hello!

We are happy to show you photos of some of our students in our English classroom. Your children are using new technologies, they are working on an Interactive Digital Board. There is also a video of a class acting out a song. Just click on the following links.

Ola!

Sentímonos satisfeitos de mostrarlles algunhas fotos do noso alumnado na aula de inglés. Os seus fillos están usando novas tecnoloxías, están traballando nunha Pizarra Dixital Interactiva. Tamén hay un vídeo dunha clase cantando unha canción. Prema nos seguintes links.

 

http://www.box.net/shared/enle0okvch

http://www.box.net/shared/bq6ya53njg 

http://www.box.net/shared/mqu5mifiu7

 

 

RADIO FALADORA 10

Pinchando neste enlace http://www.box.net/shared/vanrikego6#RADIO_FALADORA podes escoitar o programa da nosa Radio Escolar Radio Faladora, emitido no colexio o 11 de decembro de 2008.

O NOSO COLEXIO NA REDE TIC

O C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" xa aparece na web da rede TIC como centro piloto da mesma. Podedes entrar nesta web en http://www.edu.xunta.es, indo a temáticos e pinchando en rede TICS.

A PITA FALADORA NA NOSA WEB

XA SE PODEN VER OS NÚMEROS ANTERIORES DA NOSA REVISTA ESCOLAR A PITA FALADORA. PARA FACELO IDE AO APARTADO REVISTA ESCOLAR E EN NÚMEROS ANTERIORES PODEDES ENTRAR NA NOSA REVISTA. ESTAMOS SEGUROS DE QUE VOS GUSTARÁ.

O NOSO MAGOSTO NO CANAL TEA TV

Este xoves 13 de novembro saíu no Canal Tea Televisión de Ponteareas unha magnífica reportaxe sobre as actividades que co gallo do Magosto se levaron a cabo no C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" co participación de todo o alumnado e de todo o profesorado do colexio.

MAGOSTO 2008

Este lunes 10 de novembro fixemos o Magosto no colexio. Foi unha mañá con moitas actividades. Houbo carreiras por niveis e xogos, ademais de asar as castañas.


SAMAIN, HALLOWEEN E OUTONO

Estas son algunhas das imaxes de traballos feitos para estas datas de Outono.

le="width:426px;text-align:left;">

Distribuir contido