Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

O ESCRITOR FERNANDO IGLESIAS ESTIVO NO NOSO COLEXIO

O escritor Fernando Iglesias estivo no noso colexio este mércores 21 de maio dando unha charla que resultou moi interesante para o noso alumnado do 3º ciclo de E. Primaria. A atención extraordinaria prestada polos alumnos e alumnas son unha mostra clara do que gustou esta actividade. Persoas así animan a que os nenos e nenas de hoxe poidan amar á literatura e poidan converterse en escritores/as no día de mañá.

INTERCAMBIO CON ALUMNADO DO ESTRANXEIRO

No ficheiro adxunto aparece outra presentación elaborada por alumnado de 6º, coa coordinación da súa titora, sobre Ponteareas, que se enmarca dentro do intercambio con alumnado do estranxeiro.

INTERCAMBIOS CON ALUMNADO DE OUTROS PAÍSES

No arquivo adxunto vai en dúas partes unha presentación en powerpoint feita polo alumnado de 6º C, baixo a coordinación da súa titora, que está intercambiando información con alumnado do estranxeiro. 

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Instrumentos dun dos niveis de Primaria

Nestes días estase montando unha destacada exposición de instrumentos musicais feitos polo alumnado, baixo a coordinación da mestra de Música.

Podes ver imaxes desta actividade na Galería de imaxes desta web.

ÉXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

De grande éxito podemos calificar as Primeiras Xornadas de portas abertas celebradas os días 11, 12 e 13 de marzo no C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" para dar a coñecer o noso cole ás familias que teñen que solicitar a admisión nos colexios de Infantil e Primaria para os seus fillos/as para o curso 2008-09.

A asistencia de familias foi importante e houbo intercambios de opinións verdadeiramente interesantes. Para o vindeiro curso perfeccionaremos esta actividade para que resulte aínda mellor.

ENTREGA DO 1º PREMIO DO CONCURSO "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS"

Este venres 29 de febreiro faise entrega no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas dos premios do concurso "Somos diferentes, somos iguais" que organizou o Servizo de Información ao Inmigrante e ao Emigrante do Concello.

A clase de 1º A de E. Primaria acadou o primeiro premio neste concurso cun debuxo feito por todo o alumnado, baixo a coordinación da súa mestra titora.

 

Unha vez máis, ¡¡¡¡¡¡FELICITACIÓNS!!!!

OS CONTACONTOS

   Fixemos contacontos moi divertidos na Biblioteca!. Non sabemos quen o pasou mellor, se as profes contando contos ou os rapaces e rapazas escoitando.


   Ademais, logo fixemos unhas actividades, debuxos e levamos para casa un agasallo: a carpeta de CONTAMOS MOITO!

OS CONTACONTOS

NO COLEXIO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Na semana do 30 de xaneiro de 2008 fixemos diversas actividades sobre a paz. Como remate, todo o alumnado do colexio formou un mosaico co anagrama da paz e as letras desta palabra debaixo do mesmo. Para iso, empregáronse os traxes que se elaboraron para o Entroido, con moito colorido.

O ALUMNADO FORMANDO O ANAGRAMA DA PAZ

Distribuir contido