OS REIS NO COLE
OS REIS MAGOS COS SEUS PAXES
O día 19 de decembro do 2008 ao longo da mañá os nenos e nenas do colexio "Nosa Señora dos Remedios" recibiron a visita das súas maxestades os Reis Magos, acompañados dos seus respectivos paxes. Este ano coa colaboración da Anpa.
Cada aula acompañados polo mestre ou mestra correspondente acompañaron aos seus alumnos/ alumnas á Biblioteca para levar as cartas aos Reis, alí as súas maaxestades tiñan un agasallo para a aula en Primaria e un para cada neno/nena en Infantil.
Ademais as súas maxestades tamén entregaron un libro-agasallo para os gañadores/as do concurso de postais.
A continuación poden ver unha galeria de fotos de cada aula.