DESTINATARIOS
O novo alumnado admitido para o curso 2024/25 terá que formalizar a matrícula no prazo que se indica a continuación (o alumnado que xa está cursando estudos no centro NON terá que presentar nada).
PRAZO
Do 24 ao 28 de xuño do 2024 (ambos incluídos)
FORMA DE PRESENTACIÓN
De xeito presencial no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas (se non é posible neste horario contactar previamente co centro)
DOCUMENTACIÓN
Formulario de matrícula debidamente cuberto (descargando documento adxunto ou recollendo en papel no centro)
1 Fotografía tamaño carné co nome e apelidos no dorso
Fotocopia da tarxeta sanitaria
Informe médico (vacinas)
DESTINATARIOS
- Fondo solidario de libros de texto:
Alumnado que vaia cursar 3º ou 4º de Primaria no vindeiro curso 2024/25.
- Axudas para adquirir libros de texto:
Alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de Primaria no vindeiro curso 2024/25.
- Axudas para adquirir material escolar:
Alumnado que vaia cursar 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria no vindeiro curso 2024/25.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Iniciando sesión na web Fondolibros con Chave365 ou certificado dixital.
- Tamén se pode facer presencialmente* no centro (en horario da dirección). Deberán presentar a solicitude debidamente cuberta e asinada xunto cunha copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. En caso de separación/divorcio deberán presentar sentenza xudicial e/ou convenio regulador. Se fose o caso, deberán presentar tamén certificado acreditativo do grao de discapacidade.
* Recollendo a solicitude previamente no centro ou descargándoa da aplicación.
Na ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 podedes ver a contía das axudas (artigo 2) en función da renda per cápita (artigo 3), que se calcula en base aos membros computables da unidade familiar (artigo 4).
DATAS DE INTERESE
- Prazo de presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
- Data de publicación da listaxe provisional de admitidas/os: 25 de abril.
- Data de publicación da listaxe definitiva de admitidas/os: 15 de maio
- Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude debidamente cuberta e asinada (Anexo II e Anexo II-Bis). Pódense descargar AQUÍ.
- Documentación indicada no PDF adxunto a esta publicación.
CRITERIOS A TER EN CONTA
- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude, e será presentada no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Na solicitude poderanse solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- O alumnado matriculado actualmente no centro ten asegurada a reserva de praza para o vindeiro curso.
OUTRA INFORMACIÓN
- Servizos complementarios que ofrece o centro: comedor e transporte escolar.
- A admisión e matriculación nun centro docente público implica respectar o Proxecto Educativo do centro.
- As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar.
- Na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) poden consultar:
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO
![CEIP Armenteira RSS Distribuir contido](/centros/ceiparmenteira/misc/feed.png)