PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025
DATAS DE INTERESE
- Prazo de presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
- Data de publicación da listaxe provisional de admitidas/os: 25 de abril.
- Data de publicación da listaxe definitiva de admitidas/os: 15 de maio
- Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude debidamente cuberta e asinada (Anexo II e Anexo II-Bis). Pódense descargar AQUÍ.
- Documentación indicada no PDF adxunto a esta publicación.
CRITERIOS A TER EN CONTA
- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude, e será presentada no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Na solicitude poderanse solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- O alumnado matriculado actualmente no centro ten asegurada a reserva de praza para o vindeiro curso.
OUTRA INFORMACIÓN
- Servizos complementarios que ofrece o centro: comedor e transporte escolar.
- A admisión e matriculación nun centro docente público implica respectar o Proxecto Educativo do centro.
- As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar.
- Na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) poden consultar:
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DOCUMENTOS A PRESENTAR.pdf | 167.29 KB |