DATAS DE INTERESE
- Prazo de presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
- Data de publicación da listaxe provisional de admitidas/os: 25 de abril.
- Data de publicación da listaxe definitiva de admitidas/os: 15 de maio
- Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude debidamente cuberta e asinada (Anexo II e Anexo II-Bis). Pódese descargar nos documentos anexos a esta publicación.
- Documentación indicada no PDF adxunto a esta publicación.
OUTRA INFORMACIÓN
- As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar.
- Na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) poden consultar:
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, no CPI Mosteiro-Meis), para os efectos de RESERVA DE PRAZA neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP Armenteira) ou a través da aplicación “admisionalumnado” o formulario normalizado ED550A (Anexo I e Anexo I-bis) entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva a través destas tres opcións:
- Informaticamente e presentala de xeito manual no centro. Pódese descargar o formulario no documento adxunto a esta publicación ou na aplicación “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado (solicitudes-reserva-crear).
- Informaticamente e asinala en Sede Electrónica (precísase Chave 365 ou certificado dixital) a través da aplicación “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado (solicitudes-reserva-crear).
- Manualmente e presentala asinada presencialmente no centro de orixe: CEIP Armenteira (solicitando o Anexo I e o Anexo I-bis en dito centro).
IMPORTANTE:
- Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP Armenteira) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
- O alumnado que ten reservada praza no centro adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicar por escrito a renuncia á reserva antes do 1 de Marzo de 2023.
- O alumnado que NON continúe os estudos no centro adscrito (é dicir, os que decidan ir a outro Instituto de Educación Secundaria que non sexa o CPI Mosteiro-Meis), non poderán reservar praza, e directamente presentarán a Solicitude de Admisión no mes de Marzo.
Despois de varios meses de traballo entre o colexio, a ANPA "O Loureiro" e o Concello, podemos dicir que o CEIP Armenteira xa conta co servizo de comedor escolar demandado polas familias.
Como xa se adiantou, é un servizo xestionado pola ANPA "O Loureiro" que tratará de satisfacer as demandas das familias.
Grazas!
No documento adxunto pódese consultar información relativa á convocatoria de eleccións ao Consello Escolar 2022-2023.