FONDO DE LIBROS - AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS 2024/2025
DESTINATARIOS
- Fondo solidario de libros de texto:
Alumnado que vaia cursar 3º ou 4º de Primaria no vindeiro curso 2024/25.
- Axudas para adquirir libros de texto:
Alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de Primaria no vindeiro curso 2024/25.
- Axudas para adquirir material escolar:
Alumnado que vaia cursar 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria no vindeiro curso 2024/25.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Iniciando sesión na web Fondolibros con Chave365 ou certificado dixital.
- Tamén se pode facer presencialmente* no centro (en horario da dirección). Deberán presentar a solicitude debidamente cuberta e asinada xunto cunha copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. En caso de separación/divorcio deberán presentar sentenza xudicial e/ou convenio regulador. Se fose o caso, deberán presentar tamén certificado acreditativo do grao de discapacidade.
* Recollendo a solicitude previamente no centro ou descargándoa da aplicación.
Na ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 podedes ver a contía das axudas (artigo 2) en función da renda per cápita (artigo 3), que se calcula en base aos membros computables da unidade familiar (artigo 4).