Skip to Content

Stopmotion1

Este foi o primeiro e despois viñeron moitos . Podedes velos todos no vínculo de Vídeos de interés ...

Decimoterceiro reto

Chegamos ao 12+1

 

MAIOS CONFINADOS

Boa noite!

Mañán é un gran día!! e que casualidade... na páxina da nosa escola fannos unha proposta ben curiosa, celebrar OS MAIOS.

Se podedes apañade cousiñas na vosa saída para facer un maio confinado.  Pasádeo moi, moi ben mañán.  Tirade fotos, que logo quero ver o que fixestes.

Premede no enlace para enterarvos da nova dos MAIOS CONFINADOS.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/

 

Xa vén o Maio

 

No arquivo adxunto tedes a nosa proposta para celebrar os maios

Animádevos a participar

Iniciamos o terceiro trimestre

No documento adxunto atoparedes a comunicación do inicio do trimestre.

Moitos ánimos ....

Información Abalar móbil

No documento adxunto tedes información sobre Abalar móbil e aclaración de dúbidas sobre as axudas de comedor.

Que todo siga ben 

Actividades para realizar na casa ata que voltemos ás aulas

 

Ás actividades estánse  aloxando nos apartados  de Educación Infantil, Educación Primaria ou Especialidades. Tamén tedes información na zona de Lingoreta, a nosa mascota da biblio...

Lembrámosvos que para aclarar calquera dúbida podedes  contactar connosco a través do correo electrónico ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal ou a través do teléfono do centro 981543172.

Desexamos que todo vaia ben  nas vosas casas e esperamos poder vernos o antes posible.

 

Comunicado Peche dos centros IMPORTANTE

O  Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declara o estado de alarma. Nel establécese o peche dos centros educativos, o que significa o cesamento de toda actividade educativa...

Diferenzas:
 
Cese de actividade lectiva: Os Mestres e o persoal do centro deben asistir ao seu traballo no Centro.
Cese de actividade educativa: Mestres e persoal do centro non poden acudir ao Centro.
 
A Equipa Directiva prestará atención por teléfono ou correo electrónico.
 
 
IMPORTANTE:  LEDE O COMUNICADO ADXUNTO 

Día das Letras Galegas 2020 (CURTAS)

Ola familias:

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. 

A verdade é que eu non sei moito sobre este autor e agradecería moitísimo que fixerades curtas, de aproximadamente tres minutos, explicándome algo sobre el. Podedes utilizar as técnicas que máis vos gusten.

 

Enviádemas ao correo biblio.vagalume@gmail.com ou podedes entregalo nun USB no recreo da biblio, até o día 2 de maio.

             Un saúdo,   Lingoreta.

Distribuir contido


by Dr. Radut