NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
E, unha vez máis, lembrando a canción de PACO NOGUEIRAS, que nos di “EN GALEGO TODO O PODO FACER!”, celebramos que EN GALEGO TAMÉN PODEMOS FACER CIENCIA!!!! POR SUPOSTO!!!!
A semana pasada visitamos a SALA DAS CIENCIAS do noso BIBLIOCASTELO!!! QUEDAMOS ABRAIADXS!!! Descubrimos toda clase de trebellos do máis interesantes relacionados co espazo, o corpo humano, as matemáticas.... mesmo un impresora 3D!!!
As profes leváronnos alí para desenvolver dous experimentos diferentes:
Xs alumnxs de 1º A, comprobamos como era posible lograr que un ovo flotase.
Para o da flotabilidade empregamos os seguintes materiais:
- · 2 ovo
- · 6 culleradas de sal
- · Auga da billa
- · 2 vasos
- · 1 culler
O experimento consistiu en comparar dúas situacións case iguais:
Botamos auga en dous vasos un ovo metido nun vaso con auga da billa e outro metido en auga con sal. Descubrimos que ao engadirlle o sal á auga, aumentaba a súa densidade (volvíase máis “espesa”) e facía que o ovo flotase. Parecía maxia!!!
Mirade que interesante!!!!
Xs alumnxs de 1º B, convertemos un ovo nuha bóla que saltaba!!!
Tivemos que ter un pouco de oaciencia; pois, para ver o resultado do noso experimento tivemos que agardar varios días.
O que nós fixemos foi meter un ovo nun vaso con vinagre.
Os materiais que empregamos foron:
- 1 tarro de cristal
- 1 ovo
- Vinagre
Case de inmediato, puidemos ver como empezaban a aparecer burbulliñas que nos indicaban que algo estaba a suceder na casca do ovo!
Despois de dous días de espera, descubrimos que se volvea branda e parecía que o interior do ovo se inchara. Ao sacar o ovo do vaso, comprobamos que parecía unha pelota saltarina!!!!
ENCANTOUNOS!!!
A VER SE REPETIMOS AXIÑA!!
QUE VIVAN A CIENCIA E NOSA LINGUA!!!