ESTE MÉRCORES, TIVEMOS MAGOSTO!!!

Este mércores pasado, véspera de San Martiño, celebramos o MAGOSTO!

O día anterior, as profes explicáronno por que se celebra esta festa, cantamos cancións (O RAP DO MAGOSTO, de PACO NOGUEIRAS a petición de Diego), fixemos actividades interactivas e unha ficha con poemas, adiviñas e refráns.

Como xa sabedes, por mor da COVID, aínda non puido ser como nos gustaría a todxs, compartindo os espazos cxs compañeirxs de 1º e 2º; pero, polo menos, xs de 1º,si que estivemos xuntxs!! Como era ao aire libre... Iso si, con máscara e cumprindo os protocolos!!

 A iso das 11 baixamos ao patio a gozar dos Xogos Tradicionais que o profe José Ángel e a profe Goretti nos organizaron grazas, como cada ano, á ASOCIACIÓN CORREDOIRAS que, moi xenerosamente, nolos presta.

Pasámolo moi ben! Case todos, eran xogos de habilidade para os que había que atinar ben. Foi moi divertido! Iamos rotando polas distintas zonas nas que estaban distribuídos os xogos ata que... de súpeto, comezaron a soar uns foguetes atronadores que nos asustaron un montón! Menos mal que xa faltaba pouco para subir merendar; así que, as profes decidiron que era mellor ir para a clase.

Cando chegamos arriba, lavamos as mans, desinfectamos as mesas e , dalí a uns minutiños apareceu a profe Lina cunha caixa chea de castañas que nos asara Ramón. Estaban riquíííííísimas!!!!!

 Logo, xogamos na clase! Foi un día estupendo!!

Por certo, mirade que guapxs estamos coas coroas de castañas que fixeramos na clase de plástica coa profe Loli!

 

 MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN CORREDOIRAS, A RAMÓN, A JOSÉ ÁNGEL, A GORETTI, A LINA!!! O TRABALLO EN EQUIPO, SEMPRE DÁ BOS RESULTADOS!!!