Skip to Content

Novas

Palabra do mes de febreiro

 

A palabra gañadora do mes de febreiro foi BUBELA. Unha bubela é un paxaro de peteiro longo e curvado, ás arredondadas e plumaxe de cor castaña rosada, coa parte inferior do lombo e o rabo raiados de  branco e negro e notable crista eréctil coa punta das plumas negra (Dicionario da Real Academia Galega).

Esta palabra foi proposta por Sara Feijóo Álvarez, de 4º curso de Primaria. Noraboa!

Os Boteiros de Viana

Achegamonos a unha das personaxes do Entroido tradicional galego, os BOTEIROS, da man das voluntarias da Biblioteca, que nos trasmitiron o aprendido dun Boteiro de verdade, que nos prestou e explicou o traxe.

Palabra do mes de xaneiro

A palabra gañadora do mes de xaneiro foi "lizgairo". A RAG defínea como "Que ten a mente áxil e enxeñosa, que sabe o que lle convén e actúa conforme a iso", é palabra sinónima de: agudo, astuto, fino ou listo. 

 Adxuntamos unha foto de Lola Naveira Rodríguez, alumna de 4º de Educación Primaria que compartiu esta palabra connosco:

Calendario 2019: Antón Fraguas & Luis Seoane

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e BiblioAnxo, coa colaboración de todo o centro elaborou un almanaque para 2019, ano no que se adican as Letras Galegas a Antón Fraguas, e o Día das Artes Galegas ao pintor Luis Seoane.

En cada mes aparece a reprodución dun cadro de Seoane, feita polo alumnado de cada un dos grupos, no que se fai referencia a aspectos da cultura e tradición galegas, que foron a base do traballo de Antón Fraguas. Está acompañado dun código QR, no que os alumnos narran estes aspectos.

Agardamos que vos guste e o aproveitedes neste 2019!!

 

 

 

Palabra do mes de decembro

Rematamos o ano coa palabra de decembro que, neste caso, foi FOLERPA. A definición ofrecida pola Real Academia Galega é: “Cada unha das porcións de agua conxelada que caen cando neva”. 

Aquí vedes a Alejandro, o alumno de 5º de Primaria que propuxo a palabra gañadora. Noraboa!

 

 

CIENCIA EN GALEGO

Para celebrar o Mes da Ciencia en Galego, o salón de actos converteuse nun gran laboratorio cientifico, no que un grupo de expertos de cada curso compartiu con resto de compañeiros do cole un experimento. Puidemos aprender dende o funcionamento dun volcan, electricidade estática,...ata que obxectos flotan e cales non. Experimentamos, aprendemos, disfrutamos e sobre todo, FALAMOS GALEGO.

Así pechamos novembro, o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, pero podemos seguir desfrutando e aprendendo coa exposición de Ciencias, da Maleta Viaxeira da Asesoría de Bibliotecas Escolares .

Palabra do mes de novembro: Orballo

No mes de novembro a palabra máis votada foi ORBALLOAquí vedes a Manuel, o alumno de sexto de Educación Infantil que propuxo a palabra gañadora. Noraboa!

Palabra do mes de outubro: Luscofusco

Como xa sabedes, este ano continuamos coa nosa proposta da Palabra do Mes dende o ELDG.

No mes de outubro a palabra máis votada foi LUSCOFUSCO. Aquí vedes a Sabela, a alumna de sexto que propuxo a palabra gañadora.

Deixámosvos un enlace a un vídeo da académica Margarita Ledo no que afonda un chisco sobre o significado desde termo:

https://portaldaspalabras.gal/video/solpor-e-luscofusco 

COMPARTIMOS XOGOS CO CPI VIRXE DA CELA

Aproveitando a visita á Coruña dos nenos e nenas do CPI Virxe da Cela de Monfero, convidamolos á compartir xogos no patio da nosa escola. Asi de ben o pasamos:

 

ENTREGA PREMIOS REAL ACADEMIA GALEGA

Hoxe acudimos á sede da Real Academia Galega para recibir o premio do Certame Contádenos o voso Dia das Letras Galegas, da man do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica Fina Casalderrey, quen conduciu oacto no que tamén estivero representantes de Galaxia, Urco Editora e Bolanda Edicións, doadores, xunto con Xerais, dos lotes de libros que compoñen os premios. Tamén asistiu o viuvo de Mª Victoria Moreno, Pedro Ferriol.

Neste acto estivemos acompañados dos compañeiros do CPI Virxe da Cela de Monfero, e os nenos e nenas da EEI Milladoiro de Ames. NORABOA A TODOS!!

Aqui podedes ver un resumo:

Moitas grazas á REAL ACADEMIA GALEGA, por este recoñecemento ao traballo do cole, e tamén a todos o membros da comunidade educativa que o fixestes posible.

 

Cando regresamos ao cole nos acompañaron os profes e alumnos/as do CPI Virxe da Cela con quen estivemos a compartir unha sesión de xogos organizada pola mestra de Educación Fisica, Raquel Mosquera.

O pasamos de marabilla! Grazas, Raquel!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut