Skip to Content

Secretaría

Horario de secretaría para o curso 2024-2025

O horario de atención na secretaría do centro para este curso 2024-2025 será o seguinte:

- Luns, mércores e venres de 9:00 a 9:45.

- Martes e xoves de 13:15 a 13:50.

DOCUMENTOS FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

A continuación achegamos os documentos necesarios para formalizar a matrícula do novo alumnado. Poden descargarse, imprimeirse e presentarse adecuadamente cubertos no centro ou ben solicitarse en formato papel na secretaría:

Ademais destes documentos tamén será necesario entregar coa matrícula:

  • Copia plastificada da tarxeta sanitaria do alumno/a
  • 3 fotografías tamaño carnet

Achegamos por último un documento coa información necesaria para o uso da aplicación ABALAR móbil que empregamos para a comunicación habitual coas familias e para a publicación das cualificacións do alumnado.

Horario de secretaría primeiros días non lectivos

O horario de secretaría entre o 2 e o 10 de setembro (ambos incluídos) para a entrega de cheques, formalización de matrículas, historiais académicos e outras xestións será de 9:00 a 9:50.

Fondo Solidario de libros de texto. Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 24-25.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no DOG con data 20/05/2024 a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria para o curso 2024-2025.

O vindeiro curso 2024-2025 o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. En 1º e 2º de E.P. funcionarán as AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. No caso do MATERIAL ESCOLAR, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en EDUCACIÓN PRIMARIA.

O alumnado que curse 5º e 6º de E.P. neste centro no vindeiro curso 24-25 non ten que solicitar a axuda para o fondo libros, só para o material escolar se lle corresponde polos ingresos da unidade familiar. O centro continuará co proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) en 5º e 6º EP.  

 

Toda a información está dispoñible en: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros, así como no DOG xa citado.

 

    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, www.sede.xunta.gal. Para a presentación de solicitudes deberá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluindo o sistema de usuario e Chave 365. 

    • De presentarse na Secretaría do Centro, só é necesario presentar unha única solicitude por familia (ANEXO I e II), incluíndo a todos os fillos/as matriculados no centro. Débese acompañar toda a documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia). O alumnado que inicia os seus estudos en 1º de E.S.O. presentará a solicitude no Centro onde estea admitido para o curso 23-24.

    • O prazo de presentación das solicitudes comeza o 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2024. Lembramos que o horario de Secretaría é de luns a venres de 9:10 a 9:50h.

    • Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar TER DEVOLTO OS LIBROS, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto do curso 2023/2024.

    • O anexo I e II poden descargarse na sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta páxina web ou solicitar nas dependencias da Xefatura Territorial de Educación de A Coruña.

ANEXO I

ANEXO II

Máis adiante informarase dos prazos de publicación de listaxes provisionais e definitivas e de entrega de libros e cheques de axuda.

 

Inicio procedemento de admisión curso 24-25.

Inicio do procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024-2025.

 

Solicitude de reserva de praza (alumnado de 6ºEP):

- Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Reserva de praza no centro adscrito

Anexo ED550A

 

Solicitude de admisión para novo alumnado:

- Do 1 ao 20 de marzo de 2024.

 

Horario da Secretaría do centro en días lectivos de luns a venres de 9:00 a 9:50h.

 

Nota informativa.

Mapa zonas educativas.

Baremo aplicable.

Anexo ED550B.

 

Enlace á aplicación admisionalumnado.

 

Están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no taboleiro de novas no interior do centro.

Segundo a Orde de 21 de outubro de 2022 poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día 23 de abril ante o Consello Escolar do Centro (Art. 35.2).

 

Están publicadas as listaxes definitivas de admisión no taboleiro de novas no interior do centro.

O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula do 20 ao 30 de xuño de 2024, en horario de secretaría de luns a venres de 9:00 a 9:50h.

As familias de nova incorporación ao centro serán convocadas a unha reunión o día 17 de xuño e repartiranse, entre outros documentos, os impresos de matrícula.

 

Libros de texto curso 2024-2025.

O alumnado de Educación Infantil non empregará ningun libro de texto.

 

Libros de texto 1º e 2º de Primaria

Libros de texto de 3º e 4º de Primaria 

 

En 5º e 6º cursos de E.P. empregaranse os libros dixitais do Programa Edixgal.

Distribuir contido


by Dr. Radut